Veronica Caretta reforza a portería do Liceo

Veronica Caretta reforza a portería do Liceo

Imaxe: David Valiente.

A portería do Deportivo Liceo ten unha nova integrante en Veronica Caretta (Bassano, Italia, 2000). A xogadora de 20 anos, procedente do CP Voltregà, reforza o plantel verdibranco en pos da súa futura aventura na OK Liga Feminina.

Caretta viviu gran parte da súa etapa de formación no Hockey Breganze italiano, para finalmente asinar polo Montebello en 2017. Foi en 2019 cando fixo as maletas con destino España. Enrolouse no mencionado Voltregà mentres ampliaba a súa traxectoria internacional coa selección do seu país. Con ela disputou os World Roller Games de Barcelona.

A gardarredes únese ás fichaxes de Alba Garrote, Adriana Soto e María Sanjurjo. A chilena Bea Gaete tamén renovou nas últimas semanas o seu compromiso co club.

Deixa un comentario