Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).
Beatriz del Carmen Gaete Salinas (8 de agosto de 1996) formará parte do Deportivo Liceo na súa futura andadura na OK Liga. A chilena, clave no brillante ascenso do equipo, será así un activo de nivel para o curso 21/22.
Bea disputou 10 partidos como verdibranca na OK Prata Feminina, conseguindo o ascenso á máxima categoría a falta de tres xornadas para rematar a competición. Neles aportou sete goles, ademáis de experiencia e calidade.
A xogadora conta, ademáis, cunha ampla traxectoria internacional. Camiñou os seus primeiros pasos nese sentido ós 13 anos e en 2014 xa era capitá do combinado do seu país. Tamén goza de experiencia no hockey español, da man dun CP Las Rozas co que disputou a propia OK Liga.
¡#Liceístas, Bea Gaete ten unha mensaxe para vós! pic.twitter.com/Ie7CYySbKO
— Hockey Club Liceo Feminino (@HCLiceoFem) June 2, 2021