O Deportivo Liceo asina a Alba Garrote

O Deportivo Liceo asina a Alba Garrote

Co ascenso á OK Liga xa conseguido a falta de tres xornadas para a fin da competición, o Deportivo Liceo continúa dándolle forma ó seu futuro plantel. Á renovación da chilena Bea Gaete úneselle a fichaxe de Alba Garrote, procedente do Cuencas Mineras. Será a primeira cara nova do equipo para a tempada 21/22.

Alba Garrote Quesada (28 de outubro de 1999) é unha xogadora de excelente técnica e unha especialista en bóla parada. Formouse nas categorías inferiores do Club Patín Areces e en 2015 logrou levantar o Campionato de España co combinado asturiano.

O Telecable ofreceulle a oportunidade de debutar na OK Liga, onde deixou patente a súa calidade individual. Máis tarde pasou polo Reus Deportiu e polo mencionado Cuencas Mineras, onde sumou unha cifra de 37 goles en 41 partidos.

Deixa un comentario