Adriana Soto, segundo reforzo do Deportivo Liceo 21/22

A dianteira arxentina únese á incorporación de Alba Garrote e á renovación de Bea Gaete.

A arxentina Adriana Soto (1999) formará parte do Deportivo Liceo durante a vindeira tempada 21/22. Xogadora con experiencia internacional, Soto significará un reforzo de luxo para o equipo que logrou o ascenso á OK Liga Feminina a falta de tres xornadas para a fin da competición.

Vinculada co gol, pero versátil en calquera posición da pista, Adriana Soto comezou a xogar ó hockey sobre patíns á idade de 6 anos. A de Maipú-Giol, internacional absoluta coa selección do seu país, é un balón de osíxeno para cada un dos seus equipos. Gozan non só do seu talento, senón dun sacrificio físico innegociable.

Esta segunda incorporación sucede á xa anunciada de Alba Garrote, ademáis de á extensión da vinculación de Bea Gaete.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario