2 de abril de 2025
Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
O Deportivo Liceo loitará por remontar os dous goles de desvantaxe do encontro de ida (xoves 3, 22:30h de España).
No Pavilhão Municipal de Barcelos decidirase, dunha vez, quen ocupará unha das prazas da próxima Final 4. A misión do Deportivo Liceo para conseguilo é clara: remontar a desvantaxe de dous goles que sufriu unha vez finalizado o partido de ida destes Cuartos de Final. A WSE Champions League regresará para os verdibrancos este xoves (21:30h de Portugal, 22:30h de España) cunha proba absolutamente clave.
O Municipal do conxunto luso terá unha clara representación Liceísta, aínda que o que non se atope alí poderá animar desde a distancia grazas á retransmisión que ofrecerá a segunda canle da Televisión de Galicia. Tamén se poderá ver en AGalega, a súa páxina web de streaming.
Este partido, dirixido polos árbitros italianos Joseph Silecchia e Simone Brambilla, decidirá quen participará na Final 4 de principios do mes de maio.
Toca remontar
O Pazo dos Deportes de Riazor acolleu o pasado xoves o primeiro duelo desta eliminatoria. Un que levou o Barcelos co marcador de 4-6, grazas ós tantos de Miguel Rocha (2), Luis Querido, Danilo Rampulla, Pedro Silva e Pol Manrubia. Polo Deportivo Liceo atoparon a rede César Carballeira, Nil Cervera, Bruno Saavedra e Jacobo Copa.


Dez xogadores para un partido chave
Juan Copa non poderá contar esta vez con Bruno Saavedra, que na ida sufriu un latigazo cervical consecuencia dun forte choque. O dorsal 13 todavía debe permanecer varios días fóra das pistas e xa non puido participar no último choque de OK Liga contra o Caldes.
Na lista entrarán novamente Pablo Cancela e Tato Ferruccio. O coruñés puido disputar na Torre Roja os seus primeiros minutos da tempada e o arxentino foi chave con dous goles que ben valeron a vitoria.
Bruno Saavedra será baixa debido ó latigazo cervical sufrido no encontro de ida
Con isto sabido, os dez xogadores que sairán á pista do Municipal de Barcelos serán os seguintes:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2 | 2 goles en Champions
- Arnau Xaus | 3 | 6 goles en Champions
- César Carballeira | 5 | 6 goles en Champions
- Jacobo Copa | 7 | 2 goles en Champions
- Dava Torres | Capitán, 8 | 3 goles en Champions
- Fabri Ciocale | 9 | 2 goles en Champions
- Pablo Cancela | 74
- Tato Ferruccio | 77 | 4 goles en Champions
Un Barcelos que defenderá a súa casa
O conxunto luso buscará aproveitar a fortaleza do seu Municipal para resistir e certificar o pase á Final 4 da Champions. Os de Rui Neto continúan invictos no actual curso europeo, unha condición que buscarán alongar defendendo os mencionados dous goles de renta.
O Barcelos recibirá ó Deportivo Liceo cos seguintes xogadores:
- Conti Acevedo | Porteiro, dorsal 1
- Luís Barbosa | Porteiro, 27
- Santi Chambella | 5 | 1 gol en Champions
- Pol Manrubia | 7 | 6 goles en Champions
- Pedro Silva | 8 | 1 gol en Champions
- Danilo Rampulla | 10 | 6 goles en Champions
- Daniel Oliveira | 18 | 2 goles en Champions
- Luis Querido | Capitán, 19 | 5 goles en Champions
- Miguel Vieira ‘Vieirinha’ | 24 | 1 gol en Champions
- Miguel Rocha | 44 | 16 goles en Champions