CRÓNICA #WSEChampionsLeague (Ida Cuartos de Final) | Derrota coa volta na recámara (4-6)

CRÓNICA #WSEChampionsLeague (Ida Cuartos de Final) | Derrota coa volta na recámara (4-6)

27 de marzo de 2025


O Barcelos vence no partido de ida cunha diferenza de dous goles. O Municipal da localidade portuguesa dictará sentenza.

O primeiro partido dos Cuartos de Final non deixou boas novas en clave coruñesa. Queda o de volta. No de Riazor, o Liceo caeu ante o Barcelos nun encontro disputado con momentos para ambos. Foron dous goles de diferenza os que levou o conxunto luso de regreso a Portugal, que o vindeiro xoves 3 de abril ás 22:30h (hora de España) dictará sentenza.

Ante un ambiente colosal dentro do Pazo dos Deportes de Riazor, o exliceísta Luis Querido golpeou primeiro para o Barcelos cando só pasaran 30 segundos. Cunha xogada combinativa bateron a Martí Serra para oficializar o mellor arrinque posible para os de Rui Neto. O Liceo respondeu cun disparo ó longueiro de Dava Torres, aínda que foi o goleador Miguel Rocha o que atopou un doloroso 0-2 no sexto minuto de xogo. Avanzou desde a dereita, definiu e a mala fortuna fixo que a bóla terminara na red.

Goles con máis como resposta

Os homes de Juan Copa demostraron que todavía tiñan moito que dicir cando César Carballeira, nunha xogada embarullada, logrou superar a Acevedo moi pouco despois do anterior tanto de Rocha. Unha alegría que inmediatamente foi respondida con dous zarpazos visitantes, responsabilidade de Pol Manrubia primeiro e de Danilo Rampulla despois. Dous golpes duros que deixaron o marcador cun 1-4 parcial desfavorable, o mesmo que sobreviviría ata o descanso.

Nil e César marcaron dous goles clave para manter ó Liceo no partido. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O Liceo acortou distancias

O mellor momento dos verdibrancos tivo lugar, sen dúbida, no regreso á pista. Aínda menos que Querido tardou en marcar Nil Cervera, autor dun disparo de gran potencia que sorprendeu totalmente ó gardián. A diferenza baixou a dous. A un cando Bruno Saavedra, que anteriormente vira a tarxeta azul, se redimiu cun man a man de gran calidade (3-4).

Miguel Rocha, o gran goleador do Barcelos nesta tempada, foi quen de responder cando Riazor temblaba máis que nunca. El e o seu compañeiro Pedro Silva superaron a Martí dúas veces máis para colocar o 3-6, polo menos ata que Jacobo Copa marcou o 4-6 definitivo. Un de cuestión de centímetros que finalmente otorgaron os árbitros italianos. Todo se decidirá no Municipal de Barcelos dentro de exactamente sete días.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Nil Cervera, Arnau Xaus, César Carballeira, Dava Torres (quinteto inicial), Jacobo Copa, Fabri Ciocale, Bruno Saavedra, Pablo Cancela e Martín Rodríguez (meta suplente).

BARCELOS: Conti Acevedo; Pol Manrubia, Danilo Rampulla, Luis Querido, Miguel Rocha (quinteto inicial), Santi Chambella, Pedro Silva, Daniel Oliveira, Vieirinha e Luis Barbosa (meta suplente).

ÁRBITROS: Ulderico Barbarisi e Massimiliano Carmazzi (Italia). Mostraron tarxeta azul a Bruno Saavedra por parte do Liceo.

GOLES: 0-1 (Luis Querido, min. 1). 0-2 (Miguel Rocha, min. 6). 1-2 (César Carballeira, min. 9). 1-3 (Pol Manrubia, min. 14). 1-4 (Danilo Rampulla, min. 16). 2-4 (Nil Cervera, min. 26). 3-4 (Bruno Saavedra, min. 32). 3-5 (Miguel Rocha, min. 34). 3-6 (Pedro Silva, min. 38). 4-6 (Jacobo Copa, min. 40).

INCIDENCIAS: WSE Champions League 24/25, Ida de Cuartos de Final. Pazo dos Deportes (A Coruña).

Deixa un comentario