4 de abril de 2025
O Liceo gaña por 2-4 nos 50 minutos regramentarios e cae en penaltis ante o Barcelos, que estará na Final 4 da Champions.
Os árbitros italianos protagonizan varias decisións realmente incomprensibles en contra dos verdibrancos.
O Liceo non logrou o pase á Final 4 da Champions, pero si demostrou con creces o coraxe e o orgullo propios del. Foi o Barcelos o que venceu na quenda de penaltis. A ela chegouse despois de que os homes de Juan Copa dilapidaran rápidamente a vantaxe de dous tantos que os portugueses se axenciaran en Riazor (4-6).
Empezou a facelo Dava Torres ós cinco minutos, cun gran man a man que enganou totalmente a Conti Acevedo. O gol do empate de Manrubia de pouco serviu, posto que César Carballeira anotou o 1-2 na xogada inmediata ó saque de centro. Foi entón cando Tato Ferruccio, autor dunha xogada maxistral, superou á defensa e ó meta para colocar o 1-3 que igualaba a eliminatoria de Cuartos.


Acerto e gran sacrificio defensivo
Os de Copa non só atoparon con facilidade a rede, senón que tamén defenderon a súa de xeito prácticamente inmellorable. O único erro provocou o 2-3 do local Poka, aínda que o triunfo parcial seguía intacto. Precisamente por iso continuou o plan tal e como estaba previsto. Chegou entón o descanso dos primeiros 50 minutos regramentarios, e ó regreso do segundo acto Nil Cervera devolveu de novo a igualdade total ó asunto (2-4). Unha xogada poderosa do 2 verdibranco non só acabou coa bóla na portería: tamén cun defensor deoBarcelos, o meta e incluso el mesmo.
Sobrevivir a terceiros
Foi o turno entón dos penaltis en contra. O inicio do catálogo de decisións polémicas dos italianos Silecchia y Brambilla. Afortunadamente para os intereses coruñeses, tanto o de Miguel Rocha como o de Luis Querido acabaron en nada. Dobre exercicio de supervivencia que debeu alongarse ata o final, cando a prórroga produto do 2-4 xa foi unha realidade. Todo potenciado, ademáis, cun 9-9 en faltas.
Os italianos Silecchia e Brambilla perderon o control do partido
Ninguén alcanzou os dobres díxitos, pero o Liceo si viu unha azul na primeira parte do tempo extra cando os xuíces mostraron unha rigurosísima tarxeta azul a Ferruccio, contradicindo o seu propio criterio de faltas. A directa de Rampulla, de novo, atopou a Martí Serra.
A inferioridade tampouco tumbou ós de Juan Copa, directos á quenda de penaltis. Unha que lle deu o pase ó Barcelos non sen polémica, posto que o lanzamento de Dava Torres debeu repetirse: un adiantamento claro de Acevedo non provocou decisión algunha nos italianos.
FICHA TÉCNICA
BARCELOS: Conti Acevedo; Pol Manrubia, Danilo Rampulla, Luis Querido, Miguel Rocha (quinteto inicial), Santi Chambella, Pedro Silva, Daniel Oliveira, Miguel Vieira e Luis Belchior (meta suplente).
DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Nil Cervera, Arnau Xaus, César Carballeira, Dava Torres (quinteto inicial), Jacobo Copa, Fabri Ciocale, Pablo Cancela, Tato Ferruccio e Martín Rodríguez (meta suplente).
ÁRBITROS: Joseph Silecchia e Simone Brambilla (Italia). Mostraron tarxeta azul a Tato Ferruccio por parte do Liceo.
GOLES: 0-1 (Dava Torres, min. 5). 1-1 (Pol Manrubia, min. 8). 1-2 (César Carballeira, min. 8). 1-3 (Tato Ferruccio, min. 10). 2-3 (Daniel Oliveira, min. 21). 2-4 (Nil Cervera, min. 30).
INCIDENCIAS: WSE Champions League 24/25, Volta de Cuartos de Final. Pavillón Municipal de Barcelos.