1 de abril de 2025
O Deportivo Liceo recibirá ó Vilafranca en Riazor (domingo 6, 12:00h). O público xeral contará novamente con entradas a tan só 7€.
Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.
Chega o penúltimo partido en casa da Fase Regular. Este domingo ás 12:00h, co Pazo dos Deportes como casa, Deportivo Liceo e Vilafranca enfrontaranse nun novo duelo da máxima competición nacional de hockey sobre patíns.
Os pases para esta nova data ligueira xa se atopan á venda de forma online mediante a plataforma Cluber. Tamén se poderán adquirir físicamente nas taquillas de Riazor, que abrirán desde unha hora antes do comezo do encontro (11:00h). O custo do pase (7€) será o mesmo independientemente do xeito no que se merque.
Socios e abonados gratis
Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.
Se todavía non es socio, podes aproveitar os novos prezos da segunda volta para apoiarnos neste treito final de tempada: neste enlace podes formalizar o teu carnet.
Portas abertas para os máis pequenos
Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.
Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):