PREVIA OK LIGA FEM (X16) | A por outro golpe

PREVIA OK LIGA FEM (X16) | A por outro golpe

Da euforia a outro gran obstáculo. O Deportivo Liceo quere dar outro golpe na mesa da OK Liga Feminina despois do protagonizado fai dous días contra o Manlleu, un dos colosos da competición. Agora toca visitar a outro: o Telecable (mércores, 20:15h), que defenderá o seu fortín de La Calzada.

O nivel da proba será tan alto como a motivación das xogadoras de Stanis García. Chegarán a Xixón cunha bagaxe de catro triunfos consecutivos e unha clasificación para a Copa da Raíña. O obxectivo será afianzarse máis na sétima posición que otorgan os 22 puntos sumados ata o de agora.

Un rival de magnitude

Sobre o Telecable de Fernando Sierra só cabe dicir cousas positivas. O Liceo enfrontarase a un histórico do hockey nacional que loitará ata o final polo título da OK Liga Feminina. Só cedeu un empate e unha derrota en quince partidos. No caso de gañar empataría a puntos con outro intratable: o Vila-sana, actual líder.

El Telecable solo ha cedido un empate y una derrota en quince partidos.

Ese magnífico rexistro débese a xogadoras de gran calibre como Sara Roces, Nuria Obeso ou Marta González, entre outras figuras.

Lista de convocadas

Stanis García contará co seguinte grupo para intentar regresar de Xixón cun zurrón de puntos: Viki Caretta, Mencía Mosquera, María Sanjurjo, Adriana Soto, Bea Gaete, Cris Diz, Lucía Yáñez, Lara Yáñez, Naiara Vaamonde e Alba Garrote (responsable do postreiro gol da victoria ante o Manlleu).

Deixa un comentario