Sorteados os grupos da Golden Cup 50 Aniversario Deportivo Liceo

Sorteados os grupos da Golden Cup 50 Aniversario Deportivo Liceo

A mellor competición de hockey sobre patíns do mundo tiña datas (11-17 abril) e lugar (Pazo dos Deportes), pero agora xa ten folla de ruta. Dilucidouno así o sorteo celebrado este 8 de marzo no Concello da Coruña e que deixou os seguintes grupos:

  • GRUPO A: FC Porto, SL Benfica e CH Caldes.
  • GRUPO B: FC Barcelona, Sporting e Saint-Omer.
  • GRUPO C: DEPORTIVO LICEO, OC Barcelos e Forte dei Marmi.
  • GRUPO D: Oliveirense, Reus e Noia.

A competición constará, no seu inicio, desta fase de grupos con dous partidos para cada participante. Pasarán os dous mellores e posteriormente haberá cuartos de final, semifinais e final.

Un evento imperdible para o afeccionado ó deporte, que xa pode adquirir entradas:

https://t.co/HdW4XsXOrl

Deixa un comentario