CRÓNICA | Golpe na mesa dun coloso (1-0)

CRÓNICA | Golpe na mesa dun coloso (1-0)

Hai triunfos que valen auténtico ouro. O cuarto consecutivo logrado polo Deportivo Liceo, ante un coloso da OK Liga Feminina como o Manlleu, é un deles. Imposible comezar de mellor forma unha semana de tres partidos que, de momento, tradúcese en tres puntos unidos a un total de 22. Sírvenlle ó conxunto de Stanis García para permanecer na sétima posición.

Foi, como cabería agardar, un encontro complicado. Xogaba a favor das liceístas, iso si, a fatiga dun Manlleu que 48 horas antes rematara outro compromiso. A igualdade foi a tónica dos 50 minutos, aínda que nos primeiros 25 xa case chegou o 1-0 local. Adriana Soto, desde o punto de penalti, non puido transformar.

Paciencia e premio

A bóla parada, aínda así, foi a chave do triunfo. Unha errada deu paso a outra marcada, esta vez, pola habilidosa Alba Garrote a falta dun minuto e medio para o final. O seu penalti acabou dentro da portería de Anna Ferrer despois dun disparo potente que fixo estoupar de xúbilo ás presentes. Así rematou.

Alba Garrote logrou o gol da vitoria a falta dun minuto e medio para o final

Toda unha vacina de moral para as xogadoras dirixidas por Stanis García, que este mércores visitarán a outro poderoso rival: o Telecable.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Viki Caretta; María Sanjurjo, Alba Garrote, Adriana Soto, Cris Diz (quinteto inicial), Bea Gaete, Ale Martín, Luchy Paz, Lucía Yáñez e Mencía Mosquera.

MANLLEU: Anna Ferrer; Nara López, Anna Casaramona, Elisabet Gurri, María Díez (quinteto inicial), Joana Comas, Anna Bulló, María Anglada e Abril Alonso.

ÁRBITRO: Pablo Nicieza Elosegui. Sen cartóns.

GOLES: 1-0 (Alba Garrote, min. 49).

Xornada 15 da OK Liga Feminina 21/22.

Deixa un comentario