PREVIA OK LIGA FEM (X12) | Regreso á pista

PREVIA OK LIGA FEM (X12) | Regreso á pista

As consecuencias deportivas da pandemia de COVID-19 afectaron ó Deportivo Liceo nestas últimas datas. O brote, aínda así, xa está superado, así que Stanis García e as súas xogadoras volverán ó Pazo dos Deportes para enfrontarse ó Igualada (sábado 29, 17:00h).

Será o primeiro partido dos tres que asumirá o equipo nunha semana, xa que os días 1 e 5 de febreiro tocará xogar contra Vila-sana (20:30h) e PHC Sant Cugat (20:00h). Esta recuperación de datas reanudará o camiño ambicioso do Liceo, actualmente na oitava posición (10 puntos) pero con ganas de máis nesta OK Liga Feminina.

Lista de convocadas

Stanis García intentará vencer ó Igualada coa totalidade do seu plantel dipoñible despois de superar a incidencia vírica das últimas datas.

As dez elixidas, tras realizar os debidos descartes, son as siguintes: Viki Caretta, Mencía Mosquera, María Sanjurjo, Adriana Soto, Alba Garrote, Bea Gaete, Naiara Vaamonde, Lucía Yáñez, Ale Martín e Cris Diz.

Un Igualada irregular, pero perigoso

Visitará o Pazo dos Deportes o sétimo clasificado, que supera por tres puntos ó Liceo tras dous partidos xogados máis. O equipo dirixido por Carles Marín é, probablemente, capaz do mellor e do peor. Na práctica, os seus encontros só rematan en triunfo ou en derrota. Colleitou un único empate no que va de curso, precisamente contra Las Rozas na pasada xornada.

O Igualada, tralo seu último empate contra Las Rozas. Imaxe: IGUALADA (Twitter).

No apartado anotador destaca Pati Miret, autora de sete tantos ata o de agora. É un rexistro, aínda así, moi igualado no que o resto de dianas están repartidas principalmente entre Carla Claramunt e Carolina Herrera (catro).

Maratón de Deportivo Liceo

Por 5€, ou incluso de xeito gratuito, tódolos liceístas que o desexen poderán asistir a Riazor para disfrutar tanto deste partido (17:00h) como da OK Liga Masculina (vs. Calafell, 20:00h). Para iso, organizáronse os tres escenarios habituais de adquisición.

O primeiro deles está novamente destinado ós abonados beneficiarios do convenio co Real Club Deportivo. Haberá 500 pases dispoñibles sen máis custo que o tempo adicado á xestión, a realizar mediante o seguinte link de Cluber:

Na chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo. Serán indispensables para poder acceder.

Por 5€ ou de xeito gratuito, tódolos liceístas que o desexen poderán ver os dous partidos de OK Liga Feminina e Masculina a celebrar en Riazor

O segundo escenario aplicarase ós socios do Deportivo Liceo, que deberán mostrar o código QR do seu carnet dixital á hora de entrar. Será a medida habitual mentres se xestionen os pases físicos. Polo tanto, neste caso non será necesaria maior xestión.

Por outra parte, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas a un prezo de 5€ cada unha. Adquiriranse de xeito online mediante outra ligazón de Cluber:

Normativa sanitaria de acceso

Ademáis de presentar os documentos anteriores, tamén será necesario un paso máis. Trala publicación do DOGA do 17 de decembro esíxese que, nas instalacións deportivas que esperen unha afluencia superior a 200 espectadores, se comprobe antes do acceso que os asistentes maiores de 12 anos estén en posesión dalgún documento que acredite unha destas situacións:

  • Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Reglamento (CE) nº 726/2004.
  • Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas no caso dos tests de antíxenos. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán están enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01 do Consello de Europa.
  • Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa debe ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 fai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, non sendo válido outro tipo de test.

Deixa un comentario