Contra o Mataró para pechar a OK Prata de xaneiro

Contra o Mataró para pechar a OK Prata de xaneiro

Quecemento na pista do Tordera, onde o filial logrou un valioso punto fai sete días

Péchase o mes e comeza un tramo esixente para o Deportivo Liceo de Sergio Huelves. O seu filial masculino, inmerso na complicada loita do Grupo Norte, afrontará dous partidos contra recén descendidos de aquí ó 5 de febreiro. Será a data na que recibirá ó Lloret no Agra, pero antes toca visitar o Jaume Parera i León de Mataró (sábado 29, 18:00h).

Sería un erro xulgar ó conxunto de Albert Larrea pola súa sexta praza. Conta con 16 puntos tras nove partidos xogados, pero aínda ten probas pendentes que poderían alzar ós cataláns ó liderado. De momento, o seu rexistro resúmese en cinco vitorias, un empate e tres derrotas con 44 goles a favor e 31 en contra. Conta, ademáis, coa baza dun novo Xavier Burguillos (17 anos) que viu portería en trece ocasións.

O duelo da primeira volta saldouse con triunfo verdibranco por 5-2

A favor do Liceo xoga o precedente da primeira volta. O conxunto entonces adestrado por Stanis García venceu por 5-2 no Pavillón do Agra para conseguir un inicio perfecto de OK Prata. Actualmente suma 15 unidades, unha menos que eles con dous encontros disputados máis. Tamén será un impulso moral o valioso empate a domicilio logrado na pasada xornada ante o Tordera, un dos candidatos ó ascenso.

Deixa un comentario