28 de marzo de 2025
Arnau Xaus nunha acción do partido de ida, que terminou con triunfo verdibranco. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
O Liceo disputará na Torre Roja o primeiro dos catro últimos choques de Fase Regular.
Apenas 48 horas despois do gran esforzo de Champions, ó Deportivo Liceo de Juan Copa tocaralle afrontar un novo compromiso de OK Liga. Este sábado 29 ás 20:00h, coa Torre Roja como anfitrión, os coruñeses xogarán ante o Caldes para dar un paso máis neste tramo final da Fase Regular. Só catro partidos quedan de vida contando este, que xa ofrece a posibilidade matemática de asegurar a segunda praza.
O encontro poderase seguir en directo e de balde grazas ó streaming de OK LIGA TV. Estará dirixido ademáis polos árbitros Jordi Reverter García e Lorenzo Bosch Sande, con Guillem Mayas Cadena como auxiliar.
Posibilidade matemática de segunda praza
Ó Liceo aparéceselle nesta 23º xornada a oportunidade de selar matemáticamente a segunda praza da Fase Regular. Non dependerá, con todo, do que el mesmo poida provocar na Torre Roja. Os homes de Juan Copa acumulan agora mesmo 49 puntos, sete máis có Reus (terceiro con 42). Isto significa que unha vitoria liceísta e unha derrota reusense ampliarían a brecha ás dez unidades con nove por xogarse.


Unha vez completado o partido de Cataluña, o equipo centrará de novo a mente ó 100% na WSE Champions League. O xoves 3 de abril ás 22:30h de España, co Municipal de Barcelos como sede, terá lugar o partido de volta dos Cuartos de Final co obxectivo de remontar o 4-6 desfavorable da ida.
Unha baixa tralo encontro europeo
Hipótesis aparte, a certeza é que o técnico do Liceo non poderá contar para a visita a Caldes coa presenza de Bruno Saavedra. O dorsal 13 sufriu un latigazo cervical no encontro de ida ante os lusos, polo que Pablo Cancela e Tato Ferruccio completarán a lista.
Os dez xogadores que sairán á pista en busca de tres novos puntos serán os seguintes:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga
- Arnau Xaus | 3 | 21 goles en OK Liga
- César Carballeira | 5 | 12 goles en OK Liga
- Jacobo Copa | 7 | 7 goles en OK Liga
- Dava Torres | Capitán, 8 | 9 goles en OK Liga
- Fabri Ciocale | 9 | 9 goles en OK Liga
- Bruno Saavedra | 13 | 9 goles en OK Liga
- Pablo Cancela | 74
- Tato Ferruccio | 77 | 1 gol en OK Liga
Un Caldes inmerso na loita pola vida
Non está sendo a mellor tempada para o conxunto capitaneado por Edu Candami, que agora mesmo sería o primeiro en huir da quema do descenso a OK Prata. Ocupa a décima praza con 24 puntos, tres máis có Voltregà. Os de Sant Hipòlit son neste momento o primeiro club que tería que afrontar un playout por non perder a categoría.


Sen embargo, a fortaleza da Torre Roja demostrouse ó longo das xornadas. Se ben o Caldes chegará a este partido tras perder na pista do Lleida, trocou a súa casa nun fortín. Recentemente non puideron sumar nel equipos como o Alcoi ou o Reus, mentres que o Noia salvou un empate.
Os xogadores que estarán ás ordes de Candami na visita do Liceo serán os seguintes (pendentes dun descarte). Na súa responsabilidade estará tamén responder á vitoria dos coruñeses na primeira volta (7-2):
- Arnau Martínez | Porteiro, dorsal 1
- Héctor Sánchez | Porteiro, 10
- Marc González | 9 | 7 goles en OK Liga
- Arnau Serra | 14 | 1 gol en OK Liga
- Lluc Vilà | 25 | 4 goles en OK Liga
- Biel Pujadas | 47 | 13 goles en OK Liga
- Marcos Blanqué | 55 | 2 goles en OK Liga
- Marc Zanón | 55 (en ausencia de Blanqué) | 2 goles en OK Liga
- Xevi Gurri | Capitán, 57 | 2 goles en OK Liga
- Adrià Ballart | 72 | 4 goles en OK Liga
- David Gelmà | 96 | 19 goles en OK Liga