PREVIA #OKLiga 24/25 (X22) | Un partido especial

PREVIA #OKLiga 24/25 (X22) | Un partido especial

22 de marzo de 2025


Os xogadores celebran a última vitoria en Riazor, ante o Alpicat. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O Deportivo Liceo recibirá ó Noia en Riazor (domingo 23, 12:00h).

Será o regreso da lenda Jordi Bargalló unha vez comunicada a súa retirada a final de curso.

Deportivo Liceo e Noia atoparanse o domingo en Riazor (12:00h) nun partido moi especial con Jordi Bargalló como protagonista. A lenda do club, militante durante 12 tempadas e gañador de multitude de títulos, regresará á pista do Pazo dos Deportes tras comunicar a súa retirada do hockey sobre patíns.

Ademáis diso haberá, como non pode ser doutro modo, tres novos puntos en xogo. Uns que poden ser clave para os homes de Juan Copa. O primeiro dos cinco partidos restantes de Fase Regular estará dirixido polos árbitros David Cantos Bonales e Alberto Pérez Pérez, con Ivonne Copoví como auxiliar.

Nova semana de gran esixencia

O obxectivo na visita dos cataláns será claro: sumar un novo triunfo para consolidar a segunda praza. Iso ocorreu o pasado mércores na visita ó Joan Ortoll de Calafell (0-2), útil para acumular 46 unidades. Son catro máis que as 42 do Reus Deportiu, ocupante da terceira praza.

Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Unha vez determinado este partido, o cadro de Juan Copa porá a mente ó 100% no gran partido de Champions que marcará o xoves día 27. Ás 20:30h o Liceo recibirá ó Barcelos na ida dos Cuartos de Final da WSE Champions League.

Regreso de Pablo Cancela

A gran nova da convocatoria é a volta do dorsal 74, recuperado por fin da rotura de ligamento cruzado sufrida durante o verán de 2024. Se Copa o considerara oportuno, podería gozar dos seus primeiros minutos da tempada.

Por outro lado, o apartado de baixas continúa marcada pola presenza de Tato Ferruccio. O xogador arxentino deberá cumprir ante o Noia o terceiro dos catro partidos de sanción ordeados polo Comité de Competición da RFEP.

Tato Ferruccio continúa sancionado e non poderá ser da partida

Así as cousas, os dez xogadores que loitarán pola vitoria serán os seguintes:

  • Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga
  • Arnau Xaus | 3 | 19 goles en OK Liga
  • César Carballeira | 5 | 12 goles en OK Liga
  • Jacobo Copa | 7 | 7 goles en OK Liga
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 9 goles en OK Liga
  • Fabri Ciocale | 9 | 8 goles en OK Liga
  • Bruno Saavedra | 13 | 8 goles en OK Liga
  • Pablo Cancela | 74

O último baile de Jordi en Riazor

Se o Liceo é segundo, o Noia de Carlos Cortijo ocupa a quinta praza da Fase Regular de OK Liga. É dono de 33 puntos con 15 todavía por xogarse. Chegará a Riazor en boa dinámica, posto que a xornada intersemanal deixou un triunfo en Sant Sadurní contra o Lleida (4-2).

O Olímpic de l’Ateneu xa foi anfitrión do duelo da primeira volta, un que venceu o Deportivo Liceo por un gol a tres. Os autores das dianas coruñesas foron Arnau Xaus (2) e Nil Cervera.

O Noia ocupa a quinta posición dentro da Fase Regular

Co obxectivo de lograr a vitoria e deixar un bo sabor de boca na segunda volta, Cortijo viaxará a Galicia cos seguintes homes. Un deles deberá ser obxecto de descarte. Non o será Jordi Bargalló, que xogará o que moi probablemente sexa o seu último encontro en Riazor antes de colgar os patíns:

  • Blai Roca | Porteiro, dorsal 20
  • Iker Jiménez | Porteiro, 99
  • Aleix Esteller | Capitán, 4 | 5 goles en OK Liga
  • Xavi Costa | 6 | 5 goles en OK Liga
  • Max Moreno | 7
  • Toni Salvadó | 8 | 6 goles en OK Liga
  • Jordi Bargalló | 9 | 8 goles en OK Liga
  • Xavi Aragonès | 26 | 10 goles en OK Liga
  • Martí Gabarró | 27 | 9 goles en OK Liga
  • Pau Andreu | 49
  • Iván Morales | 97 | 13 goles en OK Liga

Deixa un comentario