23 de marzo de 2025
Os 1.000 primeiros que o soliciten terán pases para a ida dos Cuartos de Final de Champions (xoves 27, 20:30h).
Este xoves 27 será un gran día de Champions e, co obxectivo de tinguir de verdibranco o Pazo dos Deportes, o Liceo pon en marcha unha promoción para os socios do Real Club Deportivo e do Liceo. Grazas a ela poderán lograr entradas gratuitas para o duelo de Champions ante o Barcelos (20:30h, ida de Cuartos de Final).
O proceso é moi sinxelo: os primeiros 1.000 socios de ambos que o soliciten ó 613 21 70 66 (WhatsApp oficial do Liceo) terán pases a custo cero para o encontro. Deberán enviar unha foto do seu carnet para demostrar a condición.
Tanto os socios do Liceo como os do Deportivo que abonaran os 5€ de suplemento, terán ata dous pases en lugar de un. O prazo para realizar as solicitudes rematará o mércores 26 ás 19:00h.
Todos contamos para esta loita europea!