24 de novembro de 2024
O Deportivo Liceo, que acumula o seu cuarto triunfo ligueiro seguido, gaña en Noia remontando e tras dúas horas de partido.
Dúas horas de tolemia con final feliz. Así foi para o Liceo a visita ó Ateneu do Noia, un lugar semimaldito nos últimos anos pero no que os de Juan Copa lograron sumar de tres. É a cuarta vez consecutiva que o conseguen na OK Liga, na que xa suman 18 puntos.
Cando unha primeira parte dura unha hora, é porque pasan cousas. E ademais nunha igualdade case total. Todo comezou con ocasións para ambos lados e faltas acumulativas ata que, tralo primeiro cuarto de hora de xogo, o guion desatouse. Xavi Costa cometeu primeiro un penalti sobre Ferruccio, pero Blai Roca conseguiu deter o lanzamento de César.
Os locais, dirixidos este ano por Carlos Cortijo, xa acumulaban 8 faltas nese momento. Aínda así, lograron adiantarse no marcador grazas a un gol de Xavi Aragonès, pero inmediatamente despois chegou unha azul para Humberto Mendes. Ferruccio tampouco puido superar a Roca na directa.
Un primeiro acto kilométrico
Segundos despois deste lanzamento, os árbitros mostraron a tarxeta tanto a Xavi Costa como a Nil Cervera por un incidente. Unha decisión salomónica a pesar da clara responsabilidade do primeiro. Tres azuis en cuestión de instantes. En definitiva, un tres contra tres que durou dous minutos, seguido doutros dous nos que o Liceo xogou en superioridade.
A primeira metade durou unha hora de tempo real
Aínda que os de Juan Copa non aproveitaron o power play en termos de marcador, si lograron igualar o encontro xusto ó rematar esa circunstancia. Foi precisamente Cervera quen o conseguiu, ó rematar un pase da morte de Xaus. O mesmo 2 liceísta, antes de cumprirse unha hora de tempo real, estivo a piques de culminar a remontada cunha xogada individual. O descanso chegou, por fin, co 1-1 no electrónico.
Resistencia total
Pouco menos trepidante foi a segunda metade. César xa rozou a remontada nada máis regresar cun man a man que detivo Roca, porteiro local que completou un gran partido. Ó 5 vengoulle despois Arnau Xaus nun gol inverso ó 1-1: asistente por goleador. Ó 3 suministroulle Nil Cervera (1-2, minuto 30).
Arnau Xaus e Nil Cervera foron esenciais para desnivelar o marcador
As faltas continuaban acumulándose e as décimas non tardarían en chegar. Nin Noia nin Liceo transformaron as oportunidades. A responsabilidade coruñesa foi para Martí Serra, que se erixiu como heroe nos últimos compases do encontro, e é que as acometidas dos de Cortijo non foron cousa de nenos.
Xa con cinco, unha excelente defensa provocou que Xaus pechara o duelo ó anotar o 1-3 definitivo a porta baleira.
FICHA TÉCNICA
NOIA: Blai Roca; Aleix Esteller, Toni Salvadó, Xavi Aragonès, Iván Morales (quinteto inicial), Xavi Costa, Jordi Bargalló, Martí Gabarró, Humberto Mendes e Iker Jiménez (meta suplente).
DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Nil Cervera, Arnau Xaus, César Carballeira, Bruno Saavedra (quinteto inicial), Jacobo Copa, Dava Torres, Fabri Ciocale, Tato Ferruccio e Martín Rodríguez (meta suplente).
ÁRBITROS: Iñigo López-Leitón e Oriol Pérez. Mostraron tarxeta azul ós locais Humberto Mendes, Xavi Costa y Toni Salvadó. No Deportivo Liceo víronna Nil Cervera.
GOLES: 1-0 (Xavi Aragonès, min. 15). 1-1 (Nil Cervera, min. 20). 1-2 (Arnau Xaus, min. 30). 1-3 (Arnau Xaus, min. 50).
INCIDENCIAS: Xornada 9 da OK Liga 24/25, Fase Regular. Pavelló Olímpic de l’Ateneu (Sant Sadurní).