PREVIA OK LIGA 24/25 (X13) | Contra o Voltregà en Mollet

PREVIA OK LIGA 24/25 (X13) | Contra o Voltregà en Mollet

11 de xaneiro de 2025


O Pavelló Riera Seca será o escenario no que o Deportivo Liceo pechará a primeira volta de Fase Regular.

Toca pechar a primeira metade da OK Liga visitando ó Voltregà, pero non será no habitual Oliveras de la Riva. A sanción de peche temporal recibida recentemente obriga ó conxunto catalán a xogar no Pavillón Riera Seca de Mollet del Vallès, un escenario que lle ofrecerá ó Liceo a posibilidade de volver sumar tres puntos.

Este encontro, correspondente á 13ª xornada da Fase Regular, poderá verse (coma sempre) en directo e totalmente de balde a través da canle de YouTube de OK Liga TV. Estará dirixido, ademáis, polos árbitros David Cantos Bonales e Alberto Pérez Pérez, con Tania Pardo como auxiliar.

Retomar o voo

Juan Copa e os seus xogadores terán en Mollet a oportunidade de regresar á senda da vitoria, que significaría a primeira do ano 2025. A visita a Riazor do Reus da pasada fin de semana non deixou boas novas, polo que os liceístas, terceiros na clasificación con 24 puntos, sairán á pista con todavía máis ganas de triunfar.

O partido disputarase no Pavelló Riera Seca de Mollet del Vallés, non no Oliveras de la Riva.

Un reto será tamén a recuperación física, sobre todo despois do gran esforzo realizado o pasado xoves no primeiro compromiso de WSE Champions League do novo ano. Rematou de forma positiva, sen embargo, ó sacar un punto da visita do líder invicto Benfica (0-0).

Lista de nove xogadores

Para loitar polos tres puntos fronte ó Voltregà, o preparador coruñés do Deportivo Liceo viaxará a terras catalanas coas baixas xa coñecidas de Pablo Cancela (fóra desde verán por unha rotura de cruzado) e Tato Ferruccio (na fase final de recuperación dunha pubalxia).

A diferenza de anteriores compromisos, Copa non completará a lista de dez. Os elixidos para ir a Mollet del Vallés, polo tanto, serán os seguintes:

  • Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Nil Cervera | 2 | 3 goles en OK Liga
  • Arnau Xaus | 3 | 13 goles en OK Liga e 1 en Champions, pichichi do Liceo
  • César Carballeira | 5 | 7 goles en OK Liga e 4 en Champions
  • Jacobo Copa | 7 | 3 goles en OK Liga
  • Dava Torres | 8 | 6 goles en OK Liga e 1 en Champions
  • Fabri Ciocale | 9 | 3 goles en OK Liga e 1 en Champions
  • Bruno Saavedra | 13 | 3 goles en OK Liga e 2 en Champions

Un Voltregà en problemas

O equipo dirixido por Ferran López atópase actualmente nunha situación clasificatoria complicada. O Voltregà é o penúltimo posicionado da competición, entre outras cousas por sumar un só triunfo en doce xornadas. Foi no mes de outubro.

O Voltregà recibirá ó Liceo inmerso no descenso á OK Prata

A pesar diso, o equipo catalán conta no seu equipo con xogadores realmente perigosos como os exliceístas Àlex Rodríguez e Jordi Burgaya, dous dos homes gol do grupo. Tamén destaca nese sentido o capitán Èric Vargas, responsable de sete dianas.

A lista de xogadores que intentarán triunfar fronte ó Liceo é a que procede a continuación:

  • Miquel Estrada | Porteiro, dorsal 1
  • Oriol Codony | Porteiro, 96
  • Èric Vargas | Capitán, 3 | 7 goles
  • Jordi Burgaya | 7 | 6 goles
  • Xavi Armengol | 8
  • Aleix Molas | 9 | 1 gol
  • Humbert Serra | 11 | 3 goles
  • Gerard Teixidó | 21 | 3 goles
  • Àlex Rodríguez | 27 | 8 goles
  • Arnau Canal | 49 | 2 goles co Reus

Deixa un comentario