PREVIA OK LIGA 23/24 (X8) | A polo terceiro triunfo consecutivo

PREVIA OK LIGA 23/24 (X8) | A polo terceiro triunfo consecutivo

18 de novembro de 2023


O Deportivo Liceo recibirá ó Girona no Pazo dos Deportes de Riazor (sábado, 18:00h).

De nada serve sumar fóra da casa se nela non se consegue. E viceversa. Ó Deportivo Liceo, triunfante fai unha semana en Lleida, preséntaselle agora a oportunidade de estrear tres vitorias consecutivas. O encargado de impedilo será o Girona, que visitará este sábado o Pazo dos Deportes de Riazor (18:00h).

O partido, correspondente á oitava xornada de Fase Regular de OK Liga, estará dirixido por David Cantos Bonales e Alberto Pérez Pérez. Francisco José Martínez Suárez actuará como auxiliar. Quen non poida asistir poderá velo en directo e de balde grazas á retransmisión de Hockey Global xunto a OK Liga TV (canle de YouTube).

Unha boa reacción

Os homes de verde e branco, centrados no presente e no futuro deste curso, deixaron xa no pasado o éxito colleitado no Onze de Setembre de Lleida (1-6). Foi, de todas a todas, un importante triunfo que rematou coa mala racha do equipo fóra de Riazor.

Actualmente, o Liceo ocupa a cuarta praza da OK Liga con 12 puntos (catro vitorias e tres derrotas). Só están por enriba o Noia, o Sant Just e o Barcelona.

Precisamente, o cadro azulgrana será o próximo rival liceísta unha vez xogado o choque contra o Girona. Será o sábado 25 ás 17:15h (Palau Blaugrana).

O Liceo regresará a Riazor unha semana antes de visitar o Palau Blaugrana de Barcelona. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Lista de nove cun canteirán

Juan Copa, técnico do Deportivo Liceo, continúa sen poder contar con Bruno Saavedra (lesión de escafoides) nin con Fran Torres (fractura no nariz). Guido Pellizzari tampouco está en condicións de ser alineado, xa que só estará en disposición unha vez se abra o mercado de inverno.

Para ampliar a convocatoria a 9 xogadores, Copa optou por chamar ó canteirán Jaime Méndez (2006), que terá a oportunidade de debutar co primeiro equipo.

Dita lista será a seguinte:

  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
  • Sito Ricart | 2 | 3 goles
  • Tomás Pereira | 4 | 3 goles
  • César Carballeira | 5 | 10 goles, actual máximo realizador
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 4 goles
  • Fabri Ciocale | 9 | 4 goles
  • Jaime Méndez | 78
  • Pablo Cancela | 74 | 7 goles

Un Girona co obxectivo de manterse un ano máis

O equipo dirixido por Ramón Benito loita actualmente por non ser un dos condenados á OK Prata. Forma parte neste momento dunha igualadísima parte media-baixa de táboa. Son 7 puntos sumados, os mesmos có Alcoi, o Mataró e o Caldes. Por debaixo tan só están Lleida, Igualada (ambos con seis) e Rivas (catro unidades).

Os de vermello e branco chegarán a Galicia tras dous 1-4 consecutivos: un a favor na pista do mencionado Rivas e outro en contra tras recibir en casa á revelación Sant Just.

En Riazor loitarán por regresar á senda da vitoria exhibindo, de base, o bo rendemento defensivo que lles caracteriza. Encaixaron tan só 18 goles, sendo o cuarto conxunto da OK Liga que menos recibe. O Girona tamén é, sen embargo, o segundo equipo que menos golea xunto ó Caldes (15 dianas a favor).

Os xogadores que viaxarán á Coruña serán os seguintes:

  • Jaume Llaverola | Porteiro, dorsal 10
  • Pau Fernández | Porteiro, 14
  • Aleix Domènech | 2 | 1 gol
  • Àlex Grau | 4
  • Marc Puigvert | 8 | 1 gol
  • Django Matthieu | 9 | 1 gol
  • Marc Vázquez | 11 | 4 goles
  • Biel Nadal | 25
  • Borja Ramón | 27 | 4 goles
  • Moi Aguirre | 32 | 4 goles
Imaxe: MARC MARTÍ FONT | DIARI DE GIRONA.

Entradas a 5€ para público xeral

O público xeral conta con entradas online dispoñibles para este choque a través do seguinte enlace de Cluber. O prezo é de 5€ cada unha. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (17:00h) para a venda de pases físicos.

Como ocorrerá durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite a súa situación.

Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo totalmente inmellorable.

Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións. En ambas será necesario acreditar debidamente cada situación nas portas:

Deixa un comentario