14 de novembro de 2023
O Deportivo Liceo recibirá ó Girona en Riazor e, como sempre, o público xeral contará con entradas a tan só 5€ (sábado 18, 18:00h).
Os socios e abonados entrarán gratis ensinando o código QR do seu carnet, tanto de xeito impreso como dixital.
A OK Liga 23/24 volve de novo ó Pazo dos Deportes de Riazor coa súa oitava xornada. O Deportivo Liceo recibirá ó Girona (sábado 18, 18:00h) co obxectivo de sumar o terceiro triunfo consecutivo e tódolos Liceístas que o desexen poderán poñer o seu grao de area a prezos totalmente inmellorables.
O público xeral conta desde xa con entradas online a través do seguinte enlace de Cluber. O prezo é de 5€ cada unha. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (17:00h) para a venda de pases físicos.
Socios e abonados gratis
Como ocorrerá durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite a súa situación.
Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo totalmente inmellorable. Aquí contas con toda a información.
Portas abertas para os máis pequenos
Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións. Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):