PREVIA OK LIGA (X14) | Un desquite esixente

PREVIA OK LIGA (X14) | Un desquite esixente

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Tocan deberes pendentes. O maratón de hockey sobre patíns da semana terá a súa segunda parada este mércores 26, data na que o Deportivo Liceo recibirá a un forte Lleida (21:00h). O partido, correspondente á xornada 14, foi suspendido no seu día por un brote de COVID-19 no conxunto catalán.

O escenario será o Pazo dos Deportes de Riazor, que tamén acollerá a Juan Copa e ós seus xogadores o vindeiro sábado 29 (Calafell, 20:00h). Será o terceiro encontro destes sete días, inaugurados por unha solvente vitoria na pista do Girona (1-5). Eses tres puntos, engadidos a un gran rexistro de 35 sobre 42 posibles, permiten continuar con vida na loita polo primeiro posto da OK Liga.

Dúas baixas e unha chamada

O técnico do Deportivo Liceo todavía non estará en condicións de contar con Maxi Oruste e Jordi Adroher, aínda aqueixados de sendos problemas físicos. Isto provoca a entrada na convocatoria de Fran Torres, xogador do OK Prata que xa sabe o que é disputar minutos co primeiro equipo.

Fran Torres, do OK Prata, entra na lista para suplir as baixas de Adroher e Maxi Oruste

Polo tanto, ademáis de “Tomba”, a lista estará formada polos seguintes homes: Carles Grau, Martín Garaboa, César Carballeira, Dava Torres, Jordi Burgaya, Àlex Rodríguez, Marc Grau e Roberto Di Benedetto.

Un Lleida sempre complicado

O Deportivo Liceo atoparase cun dos equipos máis fortes da actual OK Liga. O Lleida de Albert Folguera é terceiro con 30 puntos, só cinco menos cós verdibrancos.

O seu rexistro tras catorce partidos resúmese en nove vitorias, tres empates e dúas derrotas (unha delas fronte ó líder Barça). Tamén destaca o seu número de goles encaixados: 38, a terceira mellor marca da competición xunto á do Reus Deportiu.

O Lleida celebra un dos goles da súa última vitoria, conseguida ante o Alcobendas. Imaxe: FINQUES PRATS LLEIDA.

Boa parte de responsabilidade, ademáis da do banquiño, reside en homes de nivel como Jepi Selva, Oriol Vives (catorce dianas cada un) ou o exliceísta Bruno Di Benedetto.

Como ir ó Pazo dos Deportes?

Por 5€, ou incluso de xeito gratuito, tódolos liceístas que o desexen poderán asistir a Riazor para disfrutar do partido. Para iso, organizáronse os tres escenarios habituais de adquisición.

O primeiro deles está novamente destinado ós abonados beneficiarios do convenio co Real Club Deportivo. Haberá 500 pases dispoñibles sen máis custo que o tempo adicado á xestión, a realizar mediante o seguinte link de Cluber:

Na chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo. Serán indispensables para poder acceder.

O segundo escenario aplicarase ós socios do Deportivo Liceo, que deberán mostrar o código QR do seu carnet dixital á hora de entrar. Será a medida habitual mentres se xestionen os pases físicos. Polo tanto, neste caso non será necesaria maior xestión.

Por outra parte, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas a un prezo de 5€ cada unha. Adquiriranse de xeito online mediante outra ligazón de Cluber:

Normativa sanitaria de acceso

Ademáis de presentar os documentos anteriores, tamén será necesario un paso máis. Trala publicación do DOGA do 17 de decembro esíxese que, nas instalacións deportivas que esperen unha afluencia superior a 200 espectadores, se comprobe antes do acceso que os asistentes maiores de 12 anos estén en posesión dalgún documento que acredite unha destas situacións:

  • Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Reglamento (CE) nº 726/2004.
  • Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas no caso dos tests de antíxenos. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán están enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01 do Consello de Europa.
  • Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa debe ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 fai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, non sendo válido outro tipo de test.

Liceístas, agradecemos a vosa responsabilidade e paciencia. En mans de todos está que poidamos seguir disfrutando sen problemas de Riazor. Xa queda menos!

Deixa un comentario