CRÓNICA | Gran mérito (4-1)

CRÓNICA | Gran mérito (4-1)

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Segunda parada da semana e segunda vitoria. A lograda polo Deportivo Liceo ante o Lleida cobra especial mérito polas súas circunstancias. Chegaron tres puntos derivados dun partido pendente, entre semana e contra un rival que está a protagonizar unha gran OK Liga. Xa son 38 unidades de 45 posibles.

Este encontro de nivel foi parello no seu primeiro acto. Ocorreron dez minutos igualados aínda que con ocasións para os muchachos de Juan Copa, sendo as máis claras para Dava Torres e Àlex Rodríguez. No 17, Jordi Burgaya inventouse un potente disparo raso para batir a Martí Serra e desequilibrar o marcador hacia o 1-0.

Unha diana importante que replicou o capitán, atento para rematar un bo pase de Marc Grau. O irmán do asistente, sólida na súa portería ante Sergi Folguera, encargouse por dúas veces de conservar esa vantaxe.

Nova exhibición de Carles Grau

O segundo acto empezou co Liceo controlando o guion, aínda que sen sentenciar. Àlex Rodríguez topouse con Serra nunha directa ben detida e, no 37, Joan Cañellas acurtou distancias (2-1).

Carles Grau foi chave á hora de defender o 2-0. Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

O gol deu paso ó mellor momento do Lleida, pero o conxunto de Albert Folguera atopou outra vez a Carles Grau. O meta catalán, estelar, foi chave ó deter unha falta de Jepi Selva que precedeu a dous tantos de César Carballeira e o mencionado Àlex. Triunfo de ouro.

O final deste maratón será o vindeiro sábado ás 20:00h, data na que Juan Copa e os seus recibirán ó Calafell.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; Dava Torres, Marc Grau, Àlex Rodríguez, Roberto Di Benedetto (quinteto inicial), César Carballeira, Jordi Burgaya y Fran Torres.

LLEIDA: Martí Serra; Bruno Di Benedetto, Joan Cañellas, Andreu Tomàs, Sergi Folguera (quinteto inicial), Sergi Duch, Jepi Selva y Jordi Badia.

ÁRBITROS: Mostraron tarjeta azul al local Dava Torres y a los visitantes Andreu Tomàs y Sergi Folguera.

GOLES: 1-0 (Jordi Burgaya, min. 17). 2-0 (Dava Torres, min. 22). 2-1 (Joan Cañellas, min. 37). 3-1 (César Carballeira, min. 48). 4-1 (Àlex Rodríguez, min. 48).

Jornada 14 de la OK Liga 21/22. Palacio de los Deportes (A Coruña).

Deixa un comentario