O Liceo comezará a pretempada o 2 de agosto

Os campións da Copa do Rei xa teñen no radar as datas de inicio da Supercopa e a OK Liga. Ademáis, tamén están confirmadas as dos primeiros amistosos.

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

O Deportivo Liceo de Juan Copa, na súa edición 21/22, arrancará o vindeiro luns 2 de agosto. Será a data de inicio dunha importante pretempada, preámbulo dun curso tan esixente como ilusionante.

No radar atópanse xa os comezos dos primeiros camiños. Un deles mostra ó 11 e ó 12 de setembro como días de disputa da Supercopa de España de Noia, adiantada pola celebración do campionato europeo masculino de seleccións. Unha semana despois (18 de setembro) iniciarase a OK Liga.

Coñécense tamén as datas dos primeiros partidos de preparación, con horarios aínda por confirmar:

  • 21 de agosto: AD VALONGO – DEPORTIVO LICEO.
  • 28 de agosto: DEPORTIVO LICEO – SPORTING DE PORTUGAL. Presentación do equipo no Pazo dos Deportes de Riazor.
  • 4 de setembro: SPORTING DE PORTUGAL – DEPORTIVO LICEO.
  • 5 de setembro: BENFICA – DEPORTIVO LICEO.

Excepto o mencionado do 28 de agosto, todos terán lugar en terras lusas.

Están citados por Juan Copa tódolos membros do plantel: Carles Grau, Martín Garaboa, César Carballeira, Maxi Oruste, Jordi Burgaya, Àlex Rodríguez, Marc Grau, Jordi Adroher e Roberto Di Benedetto. Tamén o mancado Dava Torres, que realizará tareas específicas. O domingo 1 de agosto levaranse a cabo as debidas probas médicas. O luns 2 ás 10:45h haberá traballo de ximnasio e posteriormente, ás 12:00h, comezará o traballo de pista.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario