O psicólogo Jacobo Ceide continuará no Liceo

O psicólogo Jacobo Ceide continuará no Liceo

Jacobo Ceide (esquerda). Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

Jacobo Ceide Franqueira (A Coruña, 1991) seguirá no Deportivo Liceo. Graduado en Psicoloxía, sumouse ó club nos compases finais do pasado curso para ser chave durante a Copa do Rei. Plásmase así a continuidade dunha figura á sombra en canto a foco mediático, pero tan importante como calquer outro membro da expedición.

O psicólogo deportivo, ademáis de co mencionado grado universitario, conta cun Máster en Psicoloxía do Deporte e a Actividade Física (USC). Tamén é, por se fora pouco, Experto en Liderado de Alto Rendemento Deportivo.

Durante a súa traxectoria pasou por grandes clubes da magnitude do Deportivo, no que foi parte do staff de categorías inferiores. Actualmente tamén é psicólogo do Viaxes Amarelle FSF e profesor de Psicoloxía e Liderado na Escola Galega de Adestradores de Fútbol (Futgal).

Deixa un comentario