Tres meses de baixa para Dava Torres

O capitán do Deportivo Liceo foi intervido en Madrid dunha dolencia de pulso.

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

Unha mancadura no pulso dereito terá apartado a Dava Torres, capitán do Liceo, durante un período de aproximadamente tres meses. O xogador foi intervido hoxe xoves en Madrid, con resultado exitoso.

As súas molestias apareceron fai xa varias semanas, pero o recén renovado Dava decidiu rematar a tempada a pesar da dor. Non lle impediu ser parte importante do gran éxito da Copa do Rei.

O club quere desexarlle o maior dos ánimos á vez que agradece o seu intachable compromiso, amosado con creces unha vez máis.

 

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario