Os clubes da EHCA acordan non inscribirse na Liga Europea 21/22

Os clubes da EHCA acordan non inscribirse na Liga Europea 21/22

Os clubes pertencentes á EHCA acordaron non inscribirse na Liga Europea 21/22. A decisión foi tomada por unanimidade na Asemblea Xeral realizada o pasado 16 de xullo.

Esta decisión chega despois das reunións de traballo mantidas entre WSE-RH, WSRH e EHCA os días 16 de xuño, 22 de xuño, 1 de xullo e 21 de xullo. O comité europeo WSE-RH non se pronunciou sobre o recoñecemento da EHCA como coorganizadora e descoñécense as características da edición 21/22 da máxima competición continental.

O recoñecemento foi solicitado ó WSE-RH na última reunión realizada o 21 de xullo entre os tres estamentos mencionados. A Asociación Europea de Clubes de Hockey sobre Patíns mantén as súas portas abertas para que, nun futuro a curto prazo, o WSE-RH acceda a chegar a un acordo coa EHCA.

A EHCA sempre mostrou a vontade de organizar a Liga Europea co selo de WSRH e WSE-RH. Sen embargo, está preparada para iniciar a competición pola súa conta o vindeiro setembro, contando cos clubes presentes na EHCA e tamén con aqueles equipos que se gañaran deportivamente a participación na principal competición continental.

Deixa un comentario