Novas datas para os partidos contra Voltregà e Palafrugell

Xogaranse, respectivamente, o 18 de novembro (20:00h) e o 8 de decembro (12:00h).
DSC_6024

Imaxe: Hockey Global (Mónica Arcay).

O Deportivo Liceo añade ao seu calendario os dous encontros pendentes ante o Voltregà e o Palafrugell, adiados no seu día polos positivos en COVID-19 de ambos equipos. O primeiro (correspondente á xornada 5 de OK Liga) celebrarase o 18 de novembro ás 20:00h na pista do propio Voltregà. Por outra parte, Juan Copa e os seus recibirán ao Palafrugell de Manolo Barceló o 8 de decembro ás 12:00h (xornada 6).

As novas datas quedan establecidas sempre que o permitan as imprevisibles circunstancias sanitarias, que sen dúbida alteran a normal celebración da actual OK Liga.

Co obxectivo de adaptarse ás consecuencias deportivas do virus, o Liceo xa optou por alcanzar un acordo co Vendrell para adiantar a novena xornada e non permanecer máis de medio mes sen competir. Sen embargo, a situación de pandemia mundial si provocou o retraso das competicións europeas ata inicios de 2021.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario