Inactividade para o OK Prata debido a un positivo no CP Tordera

O partido debía disputarse o sábado 7 de novembro ás 18:00h.
WhatsApp Image 2020-10-06 at 12.10.31

Imaxe: Manu Boutureira.

O regreso ás pistas do filial liceísta terá que esperar, e é que o equipo de Stanis García non competirá na cuarta xornada do Grupo Norte de OK Prata. A razón: a aparición dun positivo en COVID-19 dentro da expedición do CP Tordera, que debía visitar A Coruña este fin de semana.

As medidas froito do accidente impiden a celebración do partido, que ía comezar o sábado 7 de novembro ás 18:00h. O filial volverá á acción o día 14 ás 20:00h, data na que xogará contra o SHUM. O resto da xornada 4 terá lugar con normalidade, salvo incidencias de última hora.

O Deportivo Liceo desexa mandarlle o maior dos ánimos á familia do Tordera, e que a recuperación do afectado transcurra da mellor forma posible.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario