Suspendidas as competicións europeas ata o inicio de 2021

Suspendidas as competicións europeas ata o inicio de 2021

Imaxe: Manu Boutureira.

A complicada situación sanitaria, que xa condicionou a normal celebración da OK Liga, ataca agora ás competicións europeas. A World Skate Europe – Rink Hockey, en vista do agravamento global da pandemia de COVID-19, decidiu suspender as súas competicións ata o inicio do ano 2021.

Por outro lado, o órgano continental engade que ideará “un novo modelo para as súas competicións que será debatido por videoconferencia entre os clubes participantes en cada una de elas”.

O Deportivo Liceo debía comezar o seu camiño na Liga Europea o vindeiro 7 de novembro, día no que ía xogar ante o FC Porto no primeiro partido da fase de grupos. Tanto este como o resto dos seus encontros contra La Vendéenne e o Genève quedan agora en suspenso, en pos dunha reorganización da competición.

Deixa un comentario