#LiceoVoltregà | ENTRADAS para a última xornada de Fase Regular (#OKLiga 24/25)

#LiceoVoltregà | ENTRADAS para a última xornada de Fase Regular (#OKLiga 24/25)

29 de abril de 2025


O Deportivo Liceo recibirá ó Voltregà en Riazor para pechar a primeira fase da OK Liga (domingo 4, 12:00h) .

O público xeral contará novamente con entradas a tan só 7€.

Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.

O próximo domingo 4 ás 12:00h, co Pazo dos Deportes como escenario, terá lugar a xornada final da Fase Regular. Antes de que comecen os playoffs polo título da OK Liga, o Deportivo Liceo e o Voltregà deberán xogar un novo encontro no que volveremos a necesitar a toda a afección verdibranca.

Os pases para esta última data ligueira xa se atopan á venda de forma online mediante a plataforma Cluber. Tamén se poderán adquirir físicamente nas taquillas de Riazor, que abrirán desde unha hora antes do comezo do encontro (11:00h). O custo do pase (7€) será o mesmo independentemente do xeito no que se compre.

Socios e abonados gratis

Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.

Portas abertas para os máis pequenos

Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):

Deixa un comentario