#LiceoBarça | ENTRADAS para a xornada 6 da WSE Champions League 23/24

#LiceoBarça | ENTRADAS para a xornada 6 da WSE Champions League 23/24

26 de febreiro de 2024


O Deportivo Liceo pechará ante o Barcelona a súa participación na competición europea desta tempada.

As entradas de público xeral, como é habitual tanto en Europa como en OK Liga, terán un custo de 5€ a unidade.

Os socios e abonados entrarán gratis ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.

O Deportivo Liceo pechará este xoves ás 20:30h a súa participación na WSE Champions League 23/24. Será recibindo ó Barcelona no que deberá ser unha festa do hockey. Como é habitual, tódolos Liceístas que o desexen poderán animar ó equipo de Juan Copa a prezos totalmente accesibles: entradas a 5€ para o público xeral.

Xa están á venda a través do seguinte enlace de Cluber. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (19:30h) con pases físicos dispoñibles.

Socios e abonados gratis

Como vén ocorrendo durante todo o curso 23/24 tanto en Europa como en OK Liga, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo pasa cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite dita condición.

Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24: aquí contas con toda a información.

Portas abertas para os máis pequenos

Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):

Deixa un comentario