CRÓNICA | Oficio no mellor momento (1-0)

O Deportivo Liceo vence ó filial do Borbolla e reafirma a súa posición de forza na OK Prata Feminina.
Ez1ilbCWUAMEYBZ

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Era deses partidos de gañar si ou si para selar obxectivos. O Deportivo Liceo aprobou con nota o seu derbi contra o filial do Borbolla cunha vitoria (1-0) que vale ouro. Aúpalle á segunda posición da OK Prata con 13 puntos de 15 posibles, tantos como o CP Alcorcón. O conxunto madrileño é líder por diferenza de goles, pero as verdibrancas contan cun partido menos.

As poucas ocasións que inauguraron este deixaron ás claras a súa igualdade. Todas detidas por Katy Guscin e Edén Avecilla, colocaron picante a un xogo equilibrado interrumpido por problemas no marcador do recinto. Anecdótico. De todas maneiras, o perigo non se achegou de forma perigosa a ningunha das dúas gardametas. Bea Gaete e Luchy Paz foron as protagonistas das dúas oportunidades máis claras da primeira metade, pero o 0-0 campou chegado o descanso.

Decidiu Naiara

Coa mesma tónica na segunda parte que na primeira, quen desequilibrou o marcador foi Naiara Vaamonde. Nunha acción de habilidade, a xogadora liceísta enviou unha bóla rasa e medida ó ferro do Borbolla para colocar o que sería o único tanto do encontro. Foi suficiente. O conxunto de Santi Martínez estivo a punto de empatar no minuto final, pero Katy Guscin emerxeu de forma excepcional e en varias ocasións para salvar ó equipo.

O vindeiro compromiso do Deportivo Liceo levaralle en sete días ó feudo do Raspeig, colista da competición. O obxectivo, moi claro: conseguir un liderado sólido.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Katy Guscin, Ale Martín, Naiara Vaamonde, Luchy Paz, Cris Diz (quinteto inicial), Bea Gaete, Andrea Ojeda e Isa Barros.

HC BORBOLLA B: Edén Avecilla, Antía Rivadas, Marta Vilas, Lara Yáñez, Lucía Yáñez (quinteto inicial), Valentina De Girolamo, Alba Díaz e Lucía Castro.

ÁRBITRO: Villar Costa. Sen cartóns.

GOLES: 1-0 (Naiara Vaamonde, min. 32).

INCIDENCIAS: Xornada 6 da OK Prata Feminina 20/21. Polideportivo de Elviña II, 60 espectadores.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario