CRÓNICA | Merecido triunfo contra o invencible (3-1)

CRÓNICA | Merecido triunfo contra o invencible (3-1)

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

O Liceo de Juan Copa fíxoo outra vez. Logrou o triunfo contra un Barcelona ata entonces invicto a base de traballo, solidez e bo xogo ante un público entregado. Foi superior durante gran parte dos 50 minutos, acurta tres puntos e colócase a tan só cinco do liderado da OK Liga.

O ritmo foi digno do choque. Poucos respiros houbo nun guion que comezou cun paradón de Carles Grau a Nil Roca, previo ó mellor momento do Liceo no primeiro acto. O conxunto de Juan Copa xogou con superioridade en dúas ocasións tralas azuis a Pau Bargalló e Panadero, sen productividade nas directas, pero apretou aínda máis e só un gran Sergi Fernández evitou os goles.

A igualdade numérica equilibrou, á súa vez, a balanza do partido temporalmente. O Barça apretou a un Grau que non foi menos que Fernández. As actuacións de ambos metas provocaron que o descanso chegara cun 0-0 de todo menos monótono.

Superioridade e solidez

Mellor en liñas xerais, Dava Torres encargouse de marcar un merecido gol para o Liceo no minuto 28. Recibiu un bo pase de Di Benedetto, plantouse ante o meta culé e transformou. A pesar da ledicia, buscou sen descanso o segundo e puido conseguilo en varias ocasións.

Dava Torres adiantou ó Liceo no terceiro minuto da segunda metade.

Tamén defendeu ben a vantaxe grazas ó rendemento do conxunto da defensa. Logrou, por se fora pouco, o 2-0 tras unha excelente xogada individual de César Carballeira. Sentenciou un gol en propia de Fernández, irónicamente, nunha directa lanzada por Marc. Rodrigues anotou o gol da honra para os barcelonistas.

Todo un espaldarazo de moral para afrontar a próxima proba: unha visita ó Alcoi o sábado 12 ás 19:00h.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; César Carballeira, Dava Torres, Àlex Rodríguez, Roberto Di Benedetto (quinteto inicial), Maxi Oruste, Marc Grau, Jordi Burgaya, Nanu Castro e Martín Garaboa.

BARÇA: Sergi Fernández; Pau Bargalló, Nil Roca, Sergi Llorca, Hélder Nunes (quinteto inicial), Ignacio Alabart, Matías Pascual, Sergi Panadero, João Rodrigues e Aitor Egurrola.

ÁRBITROS: Mayor Oliván e Sánchez García. Amosaron cartón azul ós visitantes Pau Bargalló, Sergi Panadero e Hélder Nunes (en dúas ocasións).

GOLES: 1-0 (Dava Torres, min. 28). 2-0 (César Carballeira, min. 44). 3-0 (Sergi Fernández, propia puerta, min. 50). 3-1 (João Rodrigues, min. 50).

Xornada 20 da OK Liga 21/22. Pazo dos Deportes (A Coruña).

Deixa un comentario