Carles Grau continuará no Deportivo Liceo

Carles Grau continuará no Deportivo Liceo

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

O Deportivo Liceo e Carles Grau chegaron a un acordo para a continuidade do xogador de Lloret ata, como mínimo, o ano 2022. O club asegúrase así a presenza do gardameta menos superado da actual OK Liga, cunha diferenza considerable con respecto ó segundo, á vez que continúa a súa aposta decidida polo bloque actual.

Grau, de 31 anos, aterrizou en A Coruña da man do seu irmán Marc en verán de 2019. Fíxoo tralo seu periplo de tres tempadas nun dos equipos máis potentes do panorama global: o FC Porto, co que logrou numerosos títulos nacionais. Foi a súa primeira experiencia en Portugal tras sendas etapas no Lloret, o Vendrell, o Vic e o Barcelona. Neste último, entre outros moitos títulos, levantou dúas OK Ligas. Non queda atrás o seu palmarés coa Selección Española, coa que levantou un Campionato do Mundo (2013) e dúas Copas Latinas (2010 e 2012).

Carles continuará na mesma disciplina có mencionado Marc, tamén renovado polo Deportivo Liceo ata o ano 2022. As súas únense ás rúbricas de Dava Torres, Roberto Di Benedetto e Jordi Adroher, con futuro asegurado en A Coruña.

Deixa un comentario