300 liceístas recibirán ó Calafell no Pazo dos Deportes

300 liceístas recibirán ó Calafell no Pazo dos Deportes

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

O Deportivo Liceo e a súa afección reuniranse de novo. A visita do CP Calafell nunha nova xornada de OK Liga (venres 23, 19:30h) provocará a presenza de 300 liceístas nas gradas do Pazo dos Deportes, previa solicitude de asistencia. Os socios poderán pedir o seu pase antes do mércores 21 ás 20:00h. En caso de non completar o espazo dispoñible, sairán á venda as entradas restantes durante o xoves e o propio venres.

Poderase solicitar a asistencia ó encontro mediante un correo electrónico a administracion@hockeyclubliceo.com, tendo prioridade os que todavía non foran a ningún partido. No correo deberanse incluir NOME, APELIDOS e DNI de tódolos solicitantes. Tamén un NÚMERO DE TELÉFONO, que servirá para contactar cos elixidos.

O Deportivo Liceo lémbralle ós asistentes a necesidade de aplicación das medidas de hixiene: distancia de seguridade, uso de mascarilla, uso do xel desinfectante de mans e seguir as indicacións do persoal do Pazo.

Deixa un comentario