Enfrontamentos ante Areces e Borbolla nas OK Pratas Masculina e Feminina

Enfrontamentos ante Areces e Borbolla nas OK Pratas Masculina e Feminina

Imaxe: Bybirbo (Iria Roma).

A acción continúa nas dúas modalidades da OK Prata de hockey sobre patíns, pero a masculina xa roza a súa fin. O filial do Deportivo Liceo, actual sexto clasificado da competición, afrontará a súa penúltima xornada o vindeiro sábado 24 (20:00h) como visitante contra o CP Areces Pavitek, penúltimo da táboa.

Stanis García e os seus xogadores chegarán ó choque con confianza, tras derrotar ó complicado Vilafranca (3-2) no duro partido que trouxo a antepenúltima data. Fran Torres foi o xogador máis destacado do choque grazas ó seu hat trick.

Pola súa parte, o Deportivo Liceo Feminino regresará á súa OK Prata co primeiro partido oficial en 15 días. Xa superada a xornada de descanso froito do número impar de participantes, as verdibrancas recibirán ó HC Borbolla (domingo 25, 18:00h) nun duro partido da zona alta. O conxunto liceísta é o actual colíder da competición con 10 puntos, só superado polo Alcorcón e a súa mellor diferenza de goles xeral. No seu anterior compromiso, o Liceo gañou con contundencia ó UDC Rochapea (6-2).

Deixa un comentario