Jordi Adroher amplía o seu vínculo co Deportivo Liceo

Jordi Adroher amplía o seu vínculo co Deportivo Liceo

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

O Deportivo Liceo e Jordi Adroher chegaron a un acordo para a ampliación do seu contrato ata a fin do curso 21/22. O veterán xogador catalán seguirá o camiño que tomou en verán de 2020, cando trocou Portugal por A Coruña.

Baixo o dorsal 77, Adroher amosou a importancia da súa incorporación a base de goles e talento. É o actual máximo realizador do Liceo (26 dianas en 19 partidos) e un auténtico seguro a bóla parada, ademáis dun gran activo ofensivo no resto de disciplinas. Tamén é un dos goleadores principais da OK Liga, só superado polo barcelonista Pablo Álvarez.

Adroher, que debutou na OK Liga con tan só 15 anos, é o protagonista dunha exitosa carreira que agora continúa en A Coruña. Defendeu ó SHUM Maçanet (etapa de formación), ó Club Hoquei Lloret (2002-2006), ó Club Patí Vic (2006-2009), ó FC Barcelona (2009-2011), ó Reus Deportiu (2011-2014), ó Hockey Breganze (2014-2015) e ó Benfica (2015-2020). Neses anos conquistou un gran número de títulos nacionais e internacionais, entre os que se atopan dos Mundiais e dous Campionatos de Europa.

Deixa un comentario