Este domingo 8 de novembro (12:30h) terá lugar o Clásico no Pazo dos Deportes de Riazor
Os pases poderanse mercar tanto en físico como online e estarán divididos en dúas clases segundo a idade
O primeiro partido de OK Liga 26/27 no Pazo será todo un Clásico. Un Liceo-Barça que paralizará o mundo do hockey sobre patíns este domingo 8 ás 12:30h, e no que a afección liceísta será novamente indispensable.
As entradas de público xeral para este encontro estarán dispoñibles online 24 horas grazas á nova plataforma Compralaentrada. A opción presencial tamén será posible nas taquillas de Riazor nos seguintes días e horarios:
- MÉRCORES 4, XOVES 5 e VENRES 6 | De 17:00h a 20:00h
- DOMINGO 8 | De 11:30h e ata o comezo do encontro
Haberá dous prezos diferentes, sumando gastos de xestión na opción telemática:
- ADULTO: 10€
- SUB-25: 5€
A modalidade de entrada revisarase á hora de acceder ó recinto. Non se permitirá a mesma en caso de non cadrar coa idade real da poseedora do pase.
Socios e abonados gratis
Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar nas portas o carnet que demostre dita condición.
Portas abertas para os máis pequenos
Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha de dúas condicións:
- Ser alumno do Colexio Liceo.
- Federado de patinaxe ata 14 anos.
Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa).