Vive un maratón de #DeportivoLiceo!

Vive un maratón de #DeportivoLiceo!

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

O sábado 4 de decembro será un día especial para o Deportivo Liceo e queremos que estés aí! Riazor será o núcleo dunha apaixonante dobre xornada de OK Liga Feminina e Masculina na que o apoio das gradas, coma sempre, será vital.

Por 5€, ou incluso de xeito gratuito, tódolos liceístas poderán disfrutar do choque ante o Palau das xogadoras de Stanis García (17:00h) e do de Juan Copa e os seus contra o Palafrugell (20:00h).

O procedemento de compra dos pases será o mesmo que o aplicado ata agora, con tres escenarios diferenciados para abonados do Real Club Deportivo, socios do Deportivo Liceo e público xeral.

Abonados do Real Club Deportivo

No primeiro deles haberá 500 pases gratuitos dispoñibles. Non existirá máis custo que o tempo adicado á xestión, a levar a cabo mediante a seguinte ligazón de CLUBER:

No momento da chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo.

Socios do Deportivo Liceo

O segundo escenario aplicarase ós socios do Deportivo Liceo, que deberán mostrar o código QR do seu carnet dixital (dispoñible na app de Cluber) no momento de acceder ó Pazo dos Deportes. Será a medida habitual mentres se xestionen os pases físicos.

Público xeral

Para rematar, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas dispoñibles a un prezo de 5€ cada unha. Valerán, como é natural, para os dous partidos do sábado e adquiriranse de xeito online mediante outro link de CLUBER:

Liceístas, queremos ver a Riazor convertido nunha festa do hockey patíns e do deporte coruñés. Agardámoste!

Deixa un comentario