CRÓNICA | Importante triunfo ante o Caldes (1-6)

CRÓNICA | Importante triunfo ante o Caldes (1-6)

Excelente regreso á OK Liga do Deportivo Liceo de Juan Copa. Venceu ó Caldes cunha demostración de efectividade e oficio nunha pista complicada como a Torre Roja, da que levou tres valiosos puntos. Suma así un total de 22, que afianzan a segunda posición do equipo na competición nacional.

Os verdibrancos foron superiores na totalidade da primeira metade. Quedou materializado en gol no minuto 9, cando César Carballeira enviou á rede de Camps un golpeo desde pista prácticamente propia. Acción digna dun campión de Europa.

Demostración de poderío que imitou Àlex Rodríguez nada máis ingresar á acción. Agarrou a súa primeira bóla, forzou un penalti tras xogada individual e el mesmo anotou o 0-2. Así chegou o descanso.

Carles Grau e saber sufrir

As tornas cambiaron no segundo acto. O Caldes de Candami reaccionou, mellorou e colocou o 1-2 mediante un penalti de Cristian Rodríguez, pero non foi a máis por culpa de Carles Grau. O meta catalán mantivo a vitoria liceísta cun catálogo de intervencións de mérito tanto en xogo parado como corrido.

O tamén campión europeo aguantou ata que os seus compañeiros desataron a tempestade de forma definitiva. Marc Grau anotou un matador 1-3 para os locais e a partir dese momento notaron a fatiga. Chegaron tres tantos máis, obra de Rodríguez (en dúas ocasións) e de Jordi Adroher (directa). A destacar, a pesar de quedar sen anotar, o xenial partido de Roberto Di Benedetto.

Xa coa vitoria na mochila, o Deportivo Liceo regresará a Riazor o vindeiro 4 de decembro. Será o día no que reciba ó Palafrugell (20:00h).

FICHA TÉCNICA

CALDES: Gerard Camps; Sito Ricart, Xavi Rovira, Xevi Gurri, Cristian Rodríguez (quinteto inicial), Alex Acsensi, Andreu Puigdueta, Marcos Blanqué e Roger Acsensi.

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; César Carballeira, Dava Torres, Roberto Di Benedetto, Jordi Adroher (quinteto inicial), Marc Grau, Jordi Burgaya, Àlex Rodríguez e Nanu Castro.

ÁRBITROS: González González e García Freixes. Sen cartóns.

GOLES: 0-1 (César Carballeira, min. 9). 0-2 (Àlex Rodríguez, min. 10). 1-2 (Cristian Rodríguez, min. 36). 1-3 (Marc Grau, min. 42). 1-4 (Àlex Rodríguez, min. 44). 1-5 (Jordi Adroher, min. 45). 1-6 (Àlex Rodríguez, min. 47).

Xornada 9 da OK Liga 21/22. Pavelló Caldes de Montbui (Torre Roja).

Deixa un comentario