Sergio Huelves dirixirá ó filial masculino do Liceo

O técnico substitúe a Stanis García, que hoxe luns tomou as rendas do Feminino.

O banquiño do filial masculino conta cun novo ocupante. Trátase de Sergio Huelves, un nome importante da Familia Liceísta que substituirá a Stanis García. O xa extécnico do Deportivo Liceo de OK Prata asumiu hoxe luns o seu cargo como responsable do Feminino.

Huelves, de 29 anos, defendeu a camiseta do propio club ademáis das de Dominicos, Cerceda e ROC Vaulx-en-Velin. Tamén foi un habitual da Selección Galega. En 2016 comezou a súa aventura como adestrador nas categorías de base do Liceo ata o actual nomeamento como encargado do filial.

O técnico afirmou estar “encantado de asumir o reto”, ademáis de “agradecido hacia o club e con ganas de comezar a traballar”. Huelves debutará no cargo o vindeiro sábado 4 de decembro, data na que o equipo visitará ó UDC Rochapea (20:00h).

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario