Visita ó Rochapea na OK Prata Feminina

Visita ó Rochapea na OK Prata Feminina

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

O plan inicial da vindeira fin de semana pasaba por descansar, pero finalmente non será así para o Deportivo Liceo da OK Prata Feminina. Un troco no calendario fará que o conxunto verdibranco xogue de forma inmediata na pista do UDC Rochapea (domingo 23, 13:00h), e así completar o antepenúltimo compromiso da competición.

En xogo estará manter o primeiro posto da clasificación e convertir os 23 puntos actuais en 26. A curiosidade do contexto deste partido pasará por que, o propio domingo, o Rochapea xogará dous encontros de maneira consecutiva. Ás 11:00h recibirá ó Alcorcón, para xusto dúas horas despois comezar o seu choque contra o Deportivo Liceo. Sexa como sexa, o conxunto navarro chegará a esta serie con oito puntos colleitados en sete encontros e tras tres xornadas consecutivas puntuando. A máis recente resultou nunha vitoria (2-4) na cancha do CPP Raspeig.

Pola súa parte, o Liceo buscará aproveitar o seu excelente estado de forma e prolongar a súa imbatibilidade. Redondeada, ademáis, cunha dobre honra: a de ser o equipo máis goleador (33) e o menos goleado (4). Este segundo logrouno no último partido, unha importantísima vitoria ante o CP Alcorcón (1-3).

Deixa un comentario