Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).
A Copa do Rei xa está no horizonte cercano do Deportivo Liceo, pero non esquece as dúas xornadas da OK Liga que lle restan. Esta penúltima será a despedida do Pazo dos Deportes de Riazor na competición doméstica, e cun rival de magnitude: o Reus Deportiu (sábado 22, 20:00h, HOCKEY GLOBAL).
Un total de 1.100 liceístas apoiarán ó equipo, segundo clasificado con 73 puntos. A consecución do título é realmente difícil, xa que unha vitoria do Barça en Mataró anulará as opcións, pero hai outro obxectivo en mente: o de superar as 76 unidades que marcan o record histórico do club. Máis preto da meta colocouse o Liceo despois do importante e complicado triunfo que logrou na cancha do Caldes (2-3).
Terceiro encontro da tempada
Será o terceiro compromiso contra o Reus no que va de curso, deixando os dous anteriores unha cruz e unha cara. O primeiro choque tivo lugar na Supercopa de España, para caer derrotados por un axustado 7-5. O segundo, xa de OK Liga, foi moi diferente: 1-3 a favor dos intereses coruñeses.
Juan Copa afrontará o derradeiro partido liguero como local con todo o plantel dispoñible, en busca de desempatar este rexistro: Carles Grau, Martín Garaboa, César Carballeira, Franco Platero, Dava Torres, Marc Grau, Maxi Oruste, Fabri Ciocale, Jordi Adroher e Roberto Di Benedetto.
Un Reus con pólvora
Falar do Reus é facelo dun equipo máis que perigoso. Jordi García e os seus xogadores ocupan un meritorio terceiro posto na OK Liga, pero todavía loitan contra o Caldes para convertilo en definitivo. Rexistran 58 puntos en 28 partidos, divididos en 18 vitorias, catro empates e seis derrotas. É o seu número de goles a favor o que destaca: 151, o segundo que máis logrou só despois do Barça.
O principal responsable deste dato é Àlex Rodríguez, flamante pichichi da competición con nada menos que 49 dianas. Seis delas foron na derradeira xornada, na que o Reus venceu contundentemente ó Lloret (11-3).
Un gran activo que se encargou de sustituir na súa tarefa a Raúl Marín, mancado de longa duración que ata a dolencia (principios de marzo) anotara 26.