CRÓNICA | Triunfo heroico na pista dun candidato ó título (2-4)

CRÓNICA | Triunfo heroico na pista dun candidato ó título (2-4)

Cinco vitorias seguidas, con dous delas ante candidatos ó título, non son casualidade. O Deportivo Liceo asaltou ó Manlleu fai 72 horas e agora fixo o propio na pista do Telecable para sumar 25 puntos. Estes tres estiveron baseados nun gran traballo táctico e físico que acogotou ó rival.

Esa foi a tónica xeral do partido. Aguantar e buscar a oportunidade. Mentres, xa estaban as defensoras e outro gran rendemento de Viki Caretta para gardar as costas. O plan foi á perfección e, ós dous minutos do descanso, María Sanjurjo e Adriana Soto colocaron un meritorio 0-2.

Sacrificio con froitos

Tamén tocaron momentos para sufrir. O enorme potencial do Telecable permitiulle empatar o partido entre os minutos 32 e 36 grazas a Marta González e Sara Roces, dúas das xogadoras máis destacadas da competición.

O Deportivo Liceo venceu a base de aguante, sacrificio e don da oportunidade

A pesar diso, o conxunto de Stanis García non se acogotou. Alba Garrote, protagonista dos tres puntos ante o Manlleu, fixo maxia de novo e colocou o 2-3. Ó mesmo tempo, Viki e a defensa continuaban neutralizando con éxito os numerosos ataques locais. Xa desesperado e con cinco xogadoras de pista, o Telecable cedeu un 2-4 definitivo obra de María Sanjurjo.

Moral polas nubes para recibir ó Cerdanyola o domingo (17:00h). Outro rival de gran nivel.

FICHA TÉCNICA

TELECABLE: Fernanda Hidalgo; Marta González, Sara González, Nuria Obeso, Sara Roces (quinteto inicial), Rebeca González, Daira Milagros Carrera e Eva Mejido.

DEPORTIVO LICEO: Viki Caretta; María Sanjurjo, Alba Garrote, Adriana Soto, Lucía Yáñez (quinteto inicial), Bea Gaete, Naiara Vaamonde, Lara Yáñez, Cris Diz e Mencía Mosquera.

ÁRBITRO: Miguel Díaz Cosme. Sen cartóns.

GOLES: 0-1 (María Sanjurjo, min. 23). 0-2 (Adriana Soto, min. 23). 1-2 (Marta González, min. 32). 2-2 (Sara Roces, min. 36). 2-3 (Alba Garrote, min. 38). 2-4 (María Sanjurjo, min. 50).

Xornada 16 da OK Liga Feminina 21/22. La Calzada.

Deixa un comentario