O Liceo xogará dous amigables ante Porto e Valongo

Serán no Pazo dos Deportes de Riazor o sábado 5 (18:00h) e o domingo 6 de setembro (17:00h).
Imaxe: Manu Boutureira.

Imaxe: Manu Boutureira.

O Deportivo Liceo prosegue a súa pretempada atípica, pero co obxectivo de chegar nas mellores condicións posibles á OK Liga e á Liga Europea. Para iso, Juan Copa e os seus disputarán sendos amigables ante dous equipos que xa tiveron diante na súa concentración en Portugal: FC Porto e Associação Desportiva de Valongo.

O Porto, rival do terceiro e último partido de preparación, visitará A Coruña para enfrontarse ó Liceo o sábado 5 de setembro ás 18:00h. Por outra parte, o Valongo viaxará a terras galegas para xogar contra os verdes o domingo día 6 ás 17:00h.

Ambos partidos terán lugar no Pazo dos Deportes de Riazor e serán retransmitidos por Hockey Global.

Os tres amigables disputados ata agora polo Liceo son os seguintes:

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario