Recollida presencial de abonos para a Copa 2021

As persoas que confirmaron o uso do seu pase de 2020 deberán recollelo nas taquillas do Pazo dos Deportes en horario de 17:00h a 21:00h.

Este mércores 9 de xuño, víspera da competición que durará ata o día 13, todo aquel que confirmara a utilización do seu abono da Copa de 2020 deberá recollelo de forma presencial.

O proceso terá lugar nas taquillas do Pazo dos Deportes de Riazor, centro neurálxico do evento, en horario de 17:00h a 21:00h. Unha vez recollido, o propietario terá acceso a tódolos encontros tanto da categoría masculina como da feminina.

O Deportivo Liceo, anfitrión, inaugurará a súa participación o xoves 10 (día da inauguración) ás 20:45h. O seu rival de cuartos de final será o Voltregà.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario