Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).
Esta edición da Copa do Rei e da Raíña contará cun factor moi especial: a posta en marcha de Escoita +. A idea, levada hacia diante por Mónica Martínez (responsable de Deportes do Concello da Coruña), Jesús Suárez e o Deportivo Liceo, facilitará durante todo o evento a integración da xente con problemas de visión.
Nunha zona reservada e grazas a sendos receptores de sinal, estas persoas poderán gozar dunha audiodescripción deportiva que lles permitirá desfrutar con detalle de todo o que esté a ocorrer na pista. Non haberá barreira que impida que vivan esta importancia competición, a celebrar do 10 ó 13 de xuño no Pazo dos Deportes, como o resto dos asistentes.
📣 A accesibilidade unida á tecnoloxía grazas a 'Escoita +' permitiranos facer chegar a Copa do Rey de hóckey patíns por primeira vez a todas as persoas con cegueira ou discapacidade visual
👏Un pequeno paso para a tecnoloxía, un gran paso para A Coruña e o deporte inclusivo‼️ pic.twitter.com/5QvKkF8jGU— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) June 4, 2021
Visita da ADB
A Copa contará, ademáis, con presenza de luxo. Os compañeiros e amigos da Associació de Discapacitats de Barberà del Vallès, a invitación do Deportivo Liceo, desfrutarán do torneo de primeira man. O equipo de hockey adaptado vivirá os partidos da competición nunha zona reservada a pé de pista, tal e como ocorrerá no caso de Escoita +.
Será realidade así a promesa de Dava Torres, capitán do plantel masculino, que fai varios días afirmou a intención do club de correr cos cartos referentes a viaxes e estancia. ¡Será un pracer contar co apoio en vivo da ADB, recoñecidos liceístas que xa nos animaron no partido contra o Caldes!
¡Hola, @annafraguas y @crisarroyo1983! Nuestro capitán tiene un mensaje para toda la ADB.
¡Estaremos encantados de recibiros en esta edición de la Copa! pic.twitter.com/yI96MhEYeD
— Hockey Club Liceo (@HockeyClubLiceo) June 1, 2021
Con ambas novas, tanto o Concello como o Liceo buscan converter á Copa nun exemplo dos verdadeiros valores do deporte e nunha auténtica festa para todo o mundo.