12 de decembro de 2024
O Liceo viaxa este xoves a Portugal en busca do seu segundo triunfo europeo consecutivo.
O calendario segue dándolle partidos ó Deportivo Liceo de Juan Copa, que afronta desde o luns a última semana con hockey deste 2024. Quedan dous compromisos e o primeiro deles llevaralle ó Pavilhão Municipal de Valongo, que para os verdibrancos será o lugar da súa cuarta xornada europea.
O Liceo enfrontarase ó seu rival portugués este xoves ás 22:00h de España, dentro dun exame de Fase Regular arbitrado polos italianos Franco Ferrari e Massimiliano Carmazzi. O partido poderase seguir en directo e totalmente de balde grazas ó streaming de europe.worldskate.tv.
Cerca da metade do camiño
A Fase Regular da WSE Champions League segue avanzando. Facíao sen parar ata esta semana. Os pupilos de Juan Copa prantaron cara ata o momento a tres das súas datas con resultados diversos: unha derrota, un empate e unha vitoria. Esta, lograda recentemente na pista do Dinan Quévert, únese ó punto sumado contra o Oliveirense para acumular un total de catro. Serven para colocar ó Liceo precisamente como cuarto clasificado do seu grupo de seis participantes, unha posición que o enviaría ós Cuartos de Final.


Por seguir co mesmo número, son ademáis catro unidades máis cós dous únicos equipos que nin se clasificarían nin que ata o momento sumaron.
A folla de ruta percorrida e por percorrer na máxima competición continental é a seguinte:
- XORNADA 1 | Trissino vs. DEPORTIVO LICEO | 21 de novembro | 5-2
- XORNADA 2 | DEPORTIVO LICEO vs. Oliveirense | 28 de novembro | 1-1
- XORNADA 3 | Dinan Quévert vs. DEPORTIVO LICEO | 5 de decembro | 1-6
- XORNADA 4 | AD Valongo vs. DEPORTIVO LICEO (12 de decembro)
- XORNADA 5 | DEPORTIVO LICEO vs. Benfica (9 de xaneiro)
- XORNADA 6 | Benfica vs. DEPORTIVO LICEO (16 de xaneiro)
- XORNADA 7 | DEPORTIVO LICEO vs. AD Valongo (30 de xaneiro)
- XORNADA 8 | DEPORTIVO LICEO vs. Dinan Quévert (6 de febreiro)
- XORNADA 9 | Oliveirense vs. DEPORTIVO LICEO (20 de febreiro)
- XORNADA 10 | DEPORTIVO LICEO vs. Trissino (27 de febreiro)
Todos dispoñibles salvo Pablo Cancela
Juan Copa, que na recente vitoria ligueira ante o Caldes sumou 300 partidos como adestrador liceísta, contará coa mesma lista da amplia maioría de partidos desta tempada. Só falta Pablo Cancela, todavía en plena recuperación da súa lesión de ligamento cruzado.
Pablo Cancela continúa coa recuperación do ligamento cruzado do seu xeonllo
Os dez xogadores que se enfrontarán á AD Valongo serán os seguintes:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2 | 3 goles en OK Liga
- Arnau Xaus | 3 | 12 goles en OK Liga, máximo anotador do Liceo
- César Carballeira | 5 | 6 goles en OK Liga e 3 en Champions
- Jacobo Copa | 7 | 2 goles en OK Liga
- Dava Torres | Capitán, 8 | 4 goles en OK Liga
- Fabri Ciocale | 9 | 3 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Bruno Saavedra | 13 | 2 goles en OK Liga e 2 en Champions
- Tato Ferruccio | 77 | 1 gol en OK Liga e 3 en Champions
Un Valongo con ganas de reivindicarse
Non é o mellor momento do curso para a Associação Desportiva, que chega a esta cuarta xornada europea sen estrear o seu casilleiro. Os seus tres choques remataron con derrotas fronte a Benfica, Trissino e Oliveirense, os actuais líderes do Grupo B. Só permanece por diante do Dinan Quévert debido á diferenza de goles.
O conxunto de Renato Garrido tampouco está completando unha tempada óptima no Campeonato Placard portugués, no cal parte como décimo clasificado dun total de 14 participantes. Atópase nestes momentos a só tres puntos do descenso.
Con ganas de remontar esta mala dinámica, Garrido recibirá ó Liceo cunha lista de homes que deberá pasar por un filtro de dous descartes:
- Gonçalo Bento ‘Guga’ | Porteiro, dorsal 30
- Afonso Venda | Porteiro, 99
- João Pereira | 2
- João Lima | 3
- Miguel Moura | 5 | 4 goles no Campeonato Placard
- Francisco Silva | Capitán, 6 | 1 gol no Campeonato Placard
- João Pedro | 8 | 1 gol no Campeonato Placard
- Kyllian Gil | 9 | 5 goles no Campeonato Placard
- Carlos Ramos | 11 | 6 goles no Campeonato Placard e 1 en Champions
- João Almeida | 24 | 3 goles no Campeonato Placard
- João Maló | 33 | 1 gol en Champions
- Gabriel Acevedo | 89 | 2 goles en Champions