PREVIA OK LIGA FEM (X20) | Nova oportunidade ante o Mataró

PREVIA OK LIGA FEM (X20) | Nova oportunidade ante o Mataró

Restan sete partidos para o final da fase regular, así que todo punto valerá ouro. O Deportivo Liceo afrontará este sábado a súa seguinte proba, a disputar contra o Mataró, co obxectivo de sumar tres máis que poidan establecelo definitivamente na zona nobre da OK Liga Feminina (20:00h, Pazo dos Deportes).

As xogadoras dirixidas por Stanis García ocupan actualmente a sexta posición como resultado dun glorioso ano 2022. As once xornadas disputadas desde o 1 de xaneiro deixaron un rexistro de oito vitorias, moitas delas contra favoritas ó título, así que o crecemento foi exponencial.

Son un total de 31 puntos, todavía lonxe dos 37 e 44 do Cerdanyola e o Telecable, pero suficientes para definir o gran momento de forma do equipo.

Contra un Mataró necesitado

Se o Liceo necesita os puntos para establecerse no alto, o conxunto catalán vivirá outra batalla moi distinta. O Mataró é un dos clubes que actualmente loitan por evitar o descenso á OK Prata, así que a súa visita a Riazor cobrará gran importancia.

O Mataró atópase en plena loita por evitar o descenso

O equipo dirixido por Aleix Castellsaguer é o undécimo clasificado con 13 puntos. Dous e cinco máis cós seus inmediatos perseguidores a falta das mencionadas sete datas.

Lista de convocadas

Como vén sendo habitual, a chilena Bea Gaete non poderá saltar á pista ó continuar en pleno proceso de recuperación. Polo tanto, o técnico poderá contar coas seguintes xogadoras: Viki Caretta, Mencía Mosquera, Adriana Soto, María Sanjurjo, Alba Garrote, Cris Diz, Alejandra Martín, Lara Yáñez e Lucía Yáñez.

Como ir ó Pazo dos Deportes?

Por 5€, ou incluso de xeito gratuito, tódolos liceístas que o desexen poderán asistir a Riazor para disfrutar do choque entre Deportivo Liceo e Mataró (sábado 2, 20:00h).

Os socios verdibrancos entrarán ensinando o seu carnet dixital. Para o resto organizáronse os dous escenarios habituais de adquisición.

No primeiro deles, adicado ós abonados do Real Club Deportivo, haberá 500 pases gratuitos dispoñibles. Non existirá máis custo que o tempo adicado á xestión, a levar a cabo mediante o seguinte link de CLUBER:

No momento da chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo.

Para rematar, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas a un prezo de 5€. Adquiriranse de xeito online mediante outra ligazón de CLUBER:

Normativa sanitaria de acceso

Trala publicación do DOGA do 17 de decembro esíxese que, nas instalacións deportivas que esperen unha afluencia superior a 200 espectadores, se comprobe antes do acceso que os asistentes maiores de 12 anos estén en posesión dalgún documento que acredite unha destas situacións:

  • Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Reglamento (CE) nº 726/2004.
  • Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas no caso dos tests de antíxenos. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán están enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01 do Consello de Europa.
  • Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa debe ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 fai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, non sendo válido outro tipo de test.

Deixa un comentario