CRÓNICA | Gran triunfo en Alcobendas (1-5)

CRÓNICA | Gran triunfo en Alcobendas (1-5)

O Deportivo Liceo conta xa con 59 puntos despois da súa vitoria ante o Alcobendas, colista da OK Liga ó que dominou en todo momento. A antepenúltima xornada da fase regular deixou un partido serio con marcador favorable desde o terceiro minuto, cando Roberto Di Benedetto acribillou a portería de Isaac Larios.

A partir dese momento, a superioridade foi importante. Non só no resultado, senón no guion xeral. Trocou no 0-2 de César Carballeira e no 0-3 de Àlex Rodríguez, este tras un bo pase do mencionado Di Benedetto. Pouco puido facer o conxunto madrileño de Marcos Rey, coruñés e exliceísta, sumido no pozo do descenso.

Consolidación da superioridade

Pouco tardaron en regresar os goles unha vez reanudada a acción. Marc Grau uniuse á festa ós dous minutos (0-4) mentres o seu irmán Carles anulaba as escasas ocasións locais. A gran maioría, a bóla parada.

O Deportivo Liceo dominou de principio a fin un partido que pechou no principio da segunda metade

Sen embargo, Marcos López si logrou batilo nunha a falta de dez minutos para o final. Gol para a honra. Respondeu inmediatamente Jordi Adroher, que no día do seu regreso tras lesión anotou unha das súas características faltas directas.

A penúltima data da OK Liga regular será de gran esixencia: a visita do Noia ó Pazo dos Deportes de Riazor (mércores 6, 21:00h). Tras ela comezará a ansiada Golden Cup, polo que a competición doméstica tomará un respiro.

FICHA TÉCNICA

CP ALCOBENDAS: Isaac Larios; Jordi Gabarra, Marcos López, Jordi Pérez, César Candanedo (quinteto inicial), Iñigo Artacho, Jorge López, Miguel López, Víctor Wally e Gonzalo de Grado.

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; Maxi Oruste, Dava Torres, Roberto Di Benedetto, Àlex Rodríguez (quinteto inicial), César Carballeira, Marc Grau, Jordi Burgaya, Jordi Adroher e Martín Garaboa.

ÁRBITROS: Burgos Manotas e López Expósito. Mostraron cartón azul ó local Marcos López (en dúas ocasións) e ó liceísta Àlex Rodríguez.

GOLES: 0-1 (Roberto Di Benedetto, min. 3). 0-2 (César Carballeira, min. 9). 0-3 (Àlex Rodríguez, min. 19). 0-4 (Marc Grau, min. 27). 1-4 (Marcos López, min. 40). 1-5 (Jordi Adroher, min. 41).

Xornada 24 da OK Liga 21/22. Polideportivo Municipal José Caballero.

Deixa un comentario